Biblioteca de Catalunya

biblioteca nacional de Cataluña

Coordenadas: 41°22′52″N 2°10′11″L / 41.38111, -2.16972

A Biblioteca de Catalunya é a biblioteca nacional de Cataluña. Creouse en 1907 como biblioteca anexa ao Institut d'Estudis Catalans (IEC). Abriríase ao público no 1914 a decisión da Mancomunidade de Cataluña, con sede no Palau de la Generalitat de Catalunya.

Logo da Biblioteca de Catalunya.
Escaleira da Caritat

No anos 1931 o concello de Barcelona cedeu os edificios do antigo Hospital de la Santa Creu, un conxunto do século XV, como sede da institución cultural. Actualmente, a Biblioteca comprende unha superficie total de 8820 m², e contén un fondo aproximado de tres millóns de exemplares. A súa sede principal é a do antigo Hospital, pero ten outro edificio na cidade de Barcelona (con algúns servizos técnicos e almacéns) e un almacén en L'Hospitalet de Llobregat.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar