Betoniyö
filme de 2013 dirixido por Pirjo Honkasalo
Betoniyö é un filme de 2013 dirixido por Pirjo Honkasalo. O filme baséase na novela homónima de Pirkko Saisio que foi publicada en 1981. A historia foi anteriormente adaptada ao teatro e foi representada en Finlandia e Venezuela.[1] Betoniyö estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto na sección Masters Series en setembro de 2013. Foi rodado na área de Helsinqui, en Finlandia entre setembro e outubro de 2012.[2] Foi producido por Misha Jaari e Mark Lwoff da produtora Bufo e foi coproducido pola sueca Plattform Produktion e a dinamarquesa Magic Hour Film. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Betoniyö | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Betoniyö |
Director | Pirjo Honkasalo |
Produtor | Mark Lwoff Misha Jaari |
Guión | Pirjo Honkasalo Pirkko Saisio |
Baseado en | Betoniyö de Pirkko Saisio |
Intérpretes | Johannes Brotherus Jari Virman Anneli Karppinen Juhan Ulfsak |
Fotografía | Peter Flinckenberg |
Montaxe | Niels Pagh Andersen |
Estudio | Bufo Magic Hour Films Plattform Produktion |
Estrea | 7 de setembro de 2013 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Finlandia Suecia Dinamarca |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.concretenight.com | |
Notas editar
- ↑ "press release of Finnish Foreign Ministry (in Finnish)". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 8 de abril de 2013.
- ↑ Article about Concerte Night on Screen Daily
- ↑ YLE (ed.). "Betoniyö Finlands Oscarskandidat". Consultado o 2 de setembro de 2014.
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Balkans and Baltics Choose Submissions for Best Foreign-Language Film Race". Consultado o 17 de setembro de 2014.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
- Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar