A beta-manosidose é unha desorde do metabolismo oligosacárido provocada polo decrecemento da actividade da enzima beta-manosidase.[1] Esta enzima está codificada polo xene MANBA, que se atopa no cromosoma 4q22-25. A beta-manosidose é unha doenza recesiva autosómica.[1] Os individuos afectados semellan sans no nacemento, e poden ter diferentes presentacións clínicas. As formas infantís da doenza presentan neurodexeneración severa e discapacidade intelectual. As perdas de audición e os anxioqueratomas son características comúns da doenza. Porén, ó ser tan rara, o fenotipo completo asociado non está totalmente estudado.[2]

Beta-manosidose
Clasificación e recursos externos
OMIM248510
DiseasesDB34529
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 248510
  2. Enns, Gregory M.; Steiner, Robert D.; Cowan, Tina M. (2009). "Lysosomal Disorders". En Kiriakie Sarafoglou; Georg F. Hoffmann; Karl S. Roth. Pediatric Endocrinology and Inborn Errors of Metabolism (1st ed.). Nova York: McGraw-Hill Medical. pp. 721–755. ISBN 978-0-07-143915-2.