Bernat Martorell, nado en Sant Celoni en 1390 e finado en Barcelona en 1452, foi un pintor catalán pertencente ao movemento do Gótico Internacional. Durante tempo foi coñecido como o Mestre de San Xurxo, pola súa obra mestra.

Bernat Martorell
Nacemento1390
Lugar de nacementoSant Celoni
Falecemento1452
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeCoroa de Aragón
Ocupaciónpintor, ilustrador e iluminador
Coñecido porAltarpiece of the Saints John e São Jorge matando o Dragão
editar datos en Wikidata ]
San Xurxo matando o Dragón.

Traxectoria editar

Sábese pouco da súa vida antes de 1427, aínda que a mediados do século XV era un dos principais artistas de Cataluña. A maior parte das súas obras foron retablos, aínda que tamén deseñou vitrais e iluminou libros como as miniaturas que realizou para o "Libro de Horas" que se custodia no Instituto Municipal de Historia de Barcelona.

O seu estilo encádrase dentro da segunda etapa do gótico internacional en Cataluña, que está caracterizado por estar máis próximo ao estilo flamengo.

Obras editar

Bibliografía editar

  • Azcárate Ristori, J. M.ª de, Pintura gótica del siglo XV, en Historia del arte. Anaya. Madrid. 1986. ISBN 84-207-1408-9
  • Roig, Josep L. Historia de Barcelona. Ed. El Periódico de Cataluña, Grupo Zeta, Barcelona. 1995 ISBN 84-8130-039-X