Bernart Etxepare

escritor español

Bernart Etxepare (tamén coñecido como Bernardum Dechepare en latín, Bernat Dechepare, Bernard Detchepare segundo a actual ortografía francesa ou Bernat/Beñat Etxepare segundo a actual ortografía vasca), nado en Sarasketa, cara a 1480, é o autor do primeiro libro coñecido da literatura escrita en éuscaro. A súa única obra, impresa en Bordeos en 1545, titúlase Linguae Vasconum Primitiae.

Infotaula de personaBernart Etxepare

Portada da súa obra
Biografía
Nacementoca. 1480
Sarasketa
Morte1545
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote católico , ministro Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
LinguaLingua francesa, lingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 615 Musicbrainz: 30dd94c0-172c-4913-967b-7e8cc18eaf8a Editar o valor em Wikidata

Etxepare era párroco da igrexa de Saint-Michel-le-Vieux, na localidade de Eyheralarre, preto de Donibane Garazi. O seu lugar de nacemento non se coñece con seguridade, malia barallarse os nomes da mesma Eyheralarre e o doutro pobo próximo, Sarasketa. Viviu unha época difícil do reino de Navarra, con enfrontamentos entre a casa de Albret e Carlos I de España. Dun poema autobiográfico incluído no libro de Etxepare parece deducirse que foi partidario de Carlos I, polo que foi enviado á cadea por Xoán II de Albret.

Linguae Vasconum Primitiae editar

Linguae Vasconum Primitiae ("Primicias da lingua dos vascóns") é unha recompilación de quince composicións en verso, precedidas dun prólogo en prosa. Foi impresa en Bordeos no ano 1545. Está escrito empregando o dialecto baixo-navarro do éuscaro. Das composicións, dúas son de tema relixioso, dez de tema amoroso, un poema autobiográfico e dous poemas de gabanza á lingua vasca. No poema autobiográfico, o autor relata a súa prisión nun cárcere de Bearn por unha falsa acusación de traizón.

Etxepare é innovador na elección de temas, pois nunca antes se utilizara na lírica popular vasca unha temática similar. Ao confeccionar a súa obra, Etxepare emprega a técnica do bertsolarismo,[1] xa que descoñece a métrica utilizada na poesía culta. É por isto polo que se considera un poeta popular, pois escribiu para el, tal e como indica a utilización dos metros e melodías do bertsolarismo, probablemente coa intención de que fosen lidos ou cantados.

O tema do amor é tratado con inocencia, pero con frescura, é por isto que se lle considera a metade de camiño entre as Cantigas de Afonso X e o Libro do bo amor de Juan Ruiz, o Archipreste de Hita.[2] Pois o autor atópase afastado da lírica cortesá ideal do medievo europeo, trata o tema das relacións amorosas con total naturalidade, sen rastro algún de platonismo.

Durante unha época a obra deste autor foi criticada polas seguintes razóns:

  • A frescura e naturalidade coas que trata os temas amorosos volvéronse inaceptábeis logo do Concilio de Trento.
  • Os metros, medidas e rimas populares elixidas por Etxepare tiñan erros para a nova poesía renacentista, erros que Oihenart criticaría con dureza.

A diferenza de Leizarraga, este autor non se preocupou de buscar un éuscaro unificado, pois o seu obxectivo era dar a coñecer a lingua, non que todos os vascos o entenderan. Por mor disto, escribiu no único dialecto que coñeceu, o baixo-navarro do leste. En xeral, a ortografía de Etxepare é bastante irregular, debido a que está baseada na oralidade. De todos xeitos, dado que o seu libro foi o primeiro publicado en éuscaro, carecía de modelos escritos que poder seguir.

Hai que comentar que non se pode entender a obra de Bernart como a dun autor en solitario, foi froito dun contexto, pois; tal e como Oihenart escribiu en 1665 en L´art poétique basque naquela época existían outros dous poetas, o escritor de pastorais Joan Etxegarai e Arnaut Logras, de cuxas obras ningunha nos ten chegado até hoxe, pois é probábel que fosen publicadas despois de Etxepare (o cal explicaría a inexistencia de referencias a estes autores e que diga nos seus versos:"Se até agora estiveches sen ser impresa, dende hoxe circularás por todo o mundo".) ou que non se publicaran, tal e como sucedeu co manuscrito de Lazarraga. Etxepare estivo no cárcere de Bearn por unha acusación falsa dos seus inimigos ante o rei.

Véxase tamén editar

Notas e referencias editar

  1. 2. Euskera eta literatura (Batxillergoa), páxina 19-20: "...Etxeparek aukeratutako bide bertsolaritzako bide herrikoiak neurri eta errimetan akatsak zeuzkan...Bertsolaritzaren moldeak erabili izanagatik Oihenartek kritika zorrotza egin zion.."
  2. 2. Euskera eta literatura (Batxillergoa), páxina 19: "...gaztelaniazko literaturan Alfontso X.aren Cantigas izeneko obraratik hasita, Juan Ruiz Hitako artzapezaren El libro de Buen Amor arteko obrak arte amntzeman daitekeen naturaltasun bertsuaz..."

Ligazóns externas editar