Bernardo de Italia

rei dos longobardos (813-817)

Bernardo de Italia, nado sobre 797 e finado o 17 de abril de 818, foi rei dos longobardos desde 813 ata 817. Neto de Carlomagno, era un fillo ilexítimo de Pipino, rei dos longobardos.

Infotaula de personaBernardo de Italia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Bernard
(de) Bernhard Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 797 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 818 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Milán Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLombardía
Basilica of Sant'Ambrogio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos francos
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Italia (813–817) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCunigunda (813 (Gregoriano)–)
FillosPepino de Vermandois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPipino de Italia Editar o valor em Wikidata  e Rotaida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdelaide (pt) Traducir, Atala (pt) Traducir, Gundrada (pt) Traducir, Berta (pt) Traducir e Theodrada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Carolingian-119 Find a Grave: 66394545 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Á morte de seu pai, estaba destinado a ser rei dos longobardos, pero o seu avó, Carlomagno esperou a que cumprise os quince anos antes de envialo para tomar o control de Italia, en 812. Recibiu a dignidade real en abril de 813, gobernando pero, baixo a tutela dun neto de Carlos Martel, Adalhart, primo e antigo titor de seu pai e quizais parente de súa nai.

Logo da morte de Carlomagno, prestou homenaxe ao novo emperador, o seu tío Lois o Piadoso. En xullo de 817, este último, baixo a influencia da contorna da emperatriz Ermengarda, retiroulle o goberno de Italia e o título real, coa intención de proclamar algún dos seus fillos.

Malia que había motivos para a revolta, Bernardo, nun primeiro momento non fixo movemento ningún. Pero en decembro de 817, co apoio de grandes personaxes por exemplo Anselmo, bispo de Milán, toma as armas contra o seu tío. Este someteuno obrigándoo a lle implorar perdón en Chalon-sur-Saône. Deportado a Aix-la-Chapelle, condenárono a morte. Afectado pola axitación que se vive neses momentos, provocada polos seus propios fillos, Lois o Piadoso, parece que se vai apiadar do seu sobriño, conmutando a pena de morte pola de ser cegado cun ferro candente. Bernardo morreu tres días máis tarde, a consecuencia do suplicio.

Nupcias e descendentes editar

Cara a 813, estaba casado cunha muller chamada Cunegunda. A filiación desta muller non é coñecida, pero o seu nome coincide co de Cunegunda, esposa de Guillerme de Aquitania, e nai dun tal Heriberto, nome que aparece tamén entre os descendentes de Bernardo. Cronoloxicamente a esposa de Bernardo podería ser a filla pequena de Guillerme de Xelona e Cunegunda.

Véxase tamén editar