Bernard Berenson, nado co nome de Bernhard Valvrojenski en Vilnius (Imperio Ruso) o 26 de xuño de 1865 e finado o 6 de outubro de 1959, foi un historiador da arte estadounidense, especializado na arte do Renacemento.

Infotaula de personaBernard Berenson

(1917) Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoBernhard Valvrojenski
26 de xuño de 1865 Editar o valor em Wikidata
Vilnius Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1959 (94 anos)
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVilla I Tatti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVilla I Tatti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - literatura (1884–1887)
Universidade de Boston (1883–)
Boston Latin School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura do Renascimento (pt) Traducir e estudo da historia da arte Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Florencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , Connoisseur , coleccionista de arte , crítico de arte , historiador , escritor , photography collector (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1889 Editar o valor em Wikidata - 1959 Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosIsabella Stewart Gardner (pt) Traducir e Maud Cruttwell Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa, lingua alemá, lingua italiana e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Berenson (1900–)
PaisAlbert Valvrojenski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Judith Mickleshanki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSenda Berenson (pt) Traducir e Abram G. 'Abie' Berenson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Valvrojenski-1

Biografía editar

Naceu nunha familia xudía da rexión de Vilnius, no Imperio Ruso, emigrada en 1875 a Boston, mudando o apelido a Berenson. Estudou na Universidade de Boston e na de Harvard, logo de se licenciar cunha tese sobre Nikolai Gógol en 1887, varios profesores e amigos entre elas a filantropista Isabella Stewart Gardner pagáronlle unha viaxe por Europa para ampliar coñecementos. Visitou galerías de arte e museos en Inglaterra, Alemaña e Italia, e tras acabar os cartos dedicouse á compra venda de arte para coleccionistas adiñeirados e museos, converténdose nun dos grandes connoisseur da primeira metade do século XX. Despois de coñecer a Mary Smith en 1890 en Inglaterra comezou a escribir libros sobre a arte italiana do Renacemento, o primeiro foi The Venetian Painters of the Renaissance with an Index to their Works (1892). Deuse a coñecer internacionalmente en 1895 con ocasión dunha exposición de pintores renacentistas en Londres ó publicar unha revisión crítica da exposición demostrando que das 33 obras que o catálogo oficial atribuía a Tiziano só unha era realmente súa.[1]. Seguiu a publicar obras fundamentais no desenvolvemento do coñecemento da arte renacentista italiana seguindo os métodos de Giovanni Morelli[2] Lorenzo Lotto, an Essay on Constructive Art Criticism (1895), The Florentine Painters of the Renaissance (1896), The Central Italian Painters of the Renaissance (1897). Dedicou seis anos ó que se considera a súa mellor obra The Drawings of the Florentine Painters, publicada en 1903. En 1907 publicou The North Italian Painters of the Renaissance. En The Italian Painters of the Renaissance (1930), incluíu gran parte das súas primeiras obras.

Notas editar

  1. Michael Hatt e Charlotte Klonk Art History: A Critical Introduction to Its Methods, Manchester University Press, 2006, ISBN 0-7190-6959-9, páxina 57
  2. Richard Offner e Andrew Ladis A Discerning Eye: Essays on Early Italian Painting, Penn State Press, 2008, ISBN 0-271-02793-2, páxina 22