Bernaldo Souto
Bernaldo Souto Romero, nado en Ribadavia o 18 de xuño de 1913 e finado en Buenos Aires nos anos noventa, foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1913 (110 anos) Ribadavia, España |
Morte | Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | poeta , tradutor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria editar
Emigrou a Buenos Aires en 1928, e con 16 anos incorporouse á Sociedade Nazonalista Pondal. Colaborou na prensa galega da Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega. Formou parte da comisión de prensa de A Nosa Terra.[1] Traduciu o Martín Fierro de José Hernández ao galego,[2] que publicou en Edicións Anxel Casal. Nos anos oitenta colaborou en Pátria Galega.
Notas editar
- ↑ A Nosa Terra, xullo-1963, p. 2.
- ↑ Martín Fierro na Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 223–230. ISBN 978-84-938464-4-2.
Ligazóns externas editar
- Vídeo no YouTube, Consello da Cultura Galega.
- "Tradutor de Martín Fierro" (2/11/2015). El Correo Gallego