Berce da Humanidade

O Berce da Humanidade é un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1999, a 50 quilómetros ó noroeste de Xohanesburgo, Suráfrica, na provincia de Gauteng. O lugar ocupa unha superficie de 47 000 hectáreas[1] e é un complexo que contén covas calcarias.

Sitios fósiles de homínidos de Suráfrica (Berce da Humanidade)
Escavacións nas covas de Sterkfontein.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísSudáfrica Suráfrica
Localización25°58′02″S 27°39′45″L / -25.96716, 27.66245
TipoCultural
CriteriosIII, VI
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador915

Nas covas de Sterkfontein foi descuberto un fósil de 2,3 millóns de anos do Australopithecus africanus (alcumado "Mrs. Ples") en 1947 por Robert Broom e John T. Robinson. O achado axudou a corroborar o descubrimento de 1924 dunha caveira de Australopithecus africanus, o "Neno de Taung", por Raymond Dart, en Taung na provincia do noroeste, onde as escavacións aínda continúan.

Preto do sitio, no sistema de covas "Rising Star", dentro da Cámara Dinaledi atopáronse no 2013 quince esqueletos fósiles dunha especie extinta de homínido, provisionalmente chamado Homo naledi.

Notas editar

  1. "Maropeng a’Afrika and the Cradle of Humankind". maropeng.co.za. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar