Benny e Joon

filme de 1993 dirixido por Jeremiah S. Chechik
(Redirección desde «Benny & Joon»)

Benny e Joon (en inglés: Benny & Joon) é un filme estadounidense dirixido por Jeremiah S. Chechik que se estreou en 1993. Trata sobre dous individuos excéntricos, Sam (Johnny Depp) e Juniper "Joon" (Mary Stuart Masterson), que se namoran o un do outro. O filme é quizais mellor coñecido polos xestos cómicos de Depp (que foron feitos en homenaxe a Buster Keaton, Charlie Chaplin e Harold Lloyd) e por popularizar nos Estados Unidos a canción "I'm Gonna Be (500 Miles)" de The Proclaimers. Foi rodado integramente na localización de Spokane, Washington.

Benny e Joon
Ficha técnica
Título orixinalBenny & Joon
DirectorJeremiah S. Chechik
ProdutorSusan Arnold
GuiónBarry Berman
Lesley McNeil
IntérpretesJohnny Depp
Mary Stuart Masterson
Aidan Quinn
MúsicaRachel Portman
FotografíaJohn Schwartzman
MontaxeCarol Littleton
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea1993
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, Romance
Recadación$23 261 580
Na rede
IMDB: tt0106387 Filmaffinity: 964802 Allocine: 8162 Rottentomatoes: m/benny_and_joon Mojo: bennyandjoon Allmovie: v4829 TCM: 68468 Metacritic: movie/benny-joon TV.com: movies/benny-joon Netlix: 60003598Editar o valor em Wikidata

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 7 de agosto de 1996.[1]

Sinopse editar

Trala morte dos seus pais, Joon, unha rapaza sensible e delicada, converteuse nunha persoa mentalmente desequilibrada, que vive baixo a estrita tutela e protección do seu irmán Benny (Aidan Quinn). Como consecuencia dunha disparatada poxa nunha partida de póquer, Benny ten que aceptar que Sam (Johnny Depp), un rapaz extravagante e solitario que ten un don especial para a pantomima (homenaxe ó cine mudo), vaia vivir con eles. Joon e Sam simpatizan enseguida e acaban namorándose.

Personaxes editar

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 7 de agosto de 1996. Páx. 71

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar