Benito Castejón Paz
avogado e político galego
Benito Castejón Paz, nado en Vigo o 31 de maio de 1928 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2019, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1928 Vigo, España |
Morte | 8 de setembro de 2019 (91 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Traxectoria editar
Fillo de Dámaso Castejón e Mercedes Paz Córdoba. Avogado, especializado en dereito administrativo. Foi xogador profesional en hóckey sobre herba, e participou na selección española. Foi Secretario Nacional da Delegación de Educación Física e Deportes en 1967 e Delegado Nacional de Educación Física e Deporte en 1976.[1] Foi o primeiro responsable do Consello Superior de Deportes.
Recoñecementos editar
Medalla de prata ao Mérito Deportivo da Federación Española de Hockey (1952).
Vida persoal editar
Neto de Nicolás Paz Pardo
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-9-1976, p. 16.