Benegiles é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Ocupa unha área de 23,59 km², cunha poboación de 399 habitantes (2007) e unha densidade de 16,91 hab/km².

Modelo:Xeografía políticaBenegiles
Imaxe

Localización
Mapa
 41°37′36″N 5°38′07″O / 41.626666666667, -5.6352777777778Coordenadas: 41°37′36″N 5°38′07″O / 41.626666666667, -5.6352777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalBenegiles Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación276 (2023) Editar o valor em Wikidata (11,77 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie23,45 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude644 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em Wikidatasen valor Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49123 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE49022 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaytobenegiles.com Editar o valor em Wikidata

Nome editar

O topónimo é un híbrido, composto do árabe ben < ibn "fillo de", e un antropónimo romance Gil, talvez en plural, ou mellor como patronímico, Gílez, con sufixo en -es, ben por arcaísmo, ben por acomodación, ao resultar pouco audíbel como apelido. Moi posibelmente correspondería a un posesor mozárabe, como foi corrente en terras leonesas.

Límites editar

Benegiles linda ao norte co concello de Aspariegos, ao sur con Molacillos, ao sueste con Gallegos del Pan, e a oeste con Torres del Carrizal.

Hidrografía editar

Está atravesado polo río Valderaduey.