Belmopán
Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14 590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.
Belmopan (en) | ||||
Nomeado en referencia a | Rio Belize (pt) e Rio Mopan (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Belize | |||
Distrito (pt) | Cayo (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.222 (2013) (525,38 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 32.780.000 m² | |||
Bañado por | Rio Belize (pt) | |||
Altitude | 76 m | |||
Creación | 1 de agosto de 1970 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Simeon López (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Prefixo telefónico | 8 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Taipei (2019–) | |||
Páxina web | belmopancityonline.com |
Toponimia editar
O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belize e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.
Historia editar
Belmopán foi edificada logo de que Belize City, situada na costa caribeña, fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. En 1962 elixiuse a localización da nova cidade nun planalto próximo ao val do río Belize, a unha altitude de só 76 metros, a 82 km cara ao interior da antiga capital. Para a elección do lugar tívose en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral.
O goberno foi desprazado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City non o seguiu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colocar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[1]. Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.
Sitios a ver editar
Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Téntase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Notas editar
- ↑ Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998