BeiDou ou máis completamente BeiDou Navigation Satellite System (BDS) é un sistema de navegación por satélite da República Popular da China.[1][2]

Órbitas dos satélites BeiDou 3.

Características editar

BeiDou comezou a desenvolverse en 1994 cos satélites BeiDou 1, lanzados entre 2000 e 2003 á órbita xeoestacionaria e adicados a demostrar a viabilidade do sistema de navegación chinés. Entre 2004 e 2012 lanzáronse 14 satélites do sistema BeiDou xa en produción (denominado BDS-2) para dar servizo a usuarios da rexión de Asia-Pacífico. O terceiro paso, o lanzamento dos satélites BDS-3 para dar cobertura global, comezou en 2009, acadándose a cobertura global en 2020[1][3][4].

A constelación de satélites BeiDou está composta polos seguintes tipos de satélites:[2]

BeiDou 1A, 1B, 1C e 1D editar

Os catro primeiros satélites BeiDou foron lanzados exclusivamente á órbita xeoestacionaria. Están baseados no bus DFH-3 e foron lanzados entre 2000 e 2007 mediante foguetes CZ-3A. Cada un ten unha masa dunhs 2200 kg. O último satélite fallou ao pouco do lanzamento pero puido ser recuperado máis tarde.[5]

BeiDou 2G editar

Os oito satélites BeiDou-2 G son parte da segunda fase de despregue do sistema BeiDou e foron lanzados entre 2010 e 2019 mediante foguetes CZ-3C. Tamén están na órbita xeoestacionaria e usan o bus DFH-3. A bordo levan unha antena de aliñación de fase para enviar os sinais de navegación, un retrorreflector láser, unha antena parabólica para as bandas S e L e unha antena de corno para a banda C. O primeiro satélite da serie fallou un tempo despois de entrar en órbita.[6]

BeiDou 2M e BeiDou 2I editar

Os BeiDou 2M e BeiDou 2I son compoñentes da segunda fase inxectados en órbitas medias, duns 21.000 km de altura (os BeiDou 2M) e inclinadas (BeiDou 2I). Lanzáronse doce, sete do tipo 2I e cinco 2M. Usan o bus DFH-3 e levan a bordo unha antena de aliñación de fase e un retrorreflector láser.[7]

BeiDou 3G editar

Os BeiDou 3G son o compoñente xeoestacionario da fase 3 do sistema BeiDou. Usan o bus DHF-3B, cunha antena de aliñación de fase, un retrorreflector láser e antenas despregables para as bandas S, L e C.[8]

BeiDou 3I editar

Os BeiDou 3I lánzanse a órbitas xeoestacionarias inclinadas e son parte da fase 3 de despregue de BeiDou. Teñen masas de arredor de 4 toneladas.[9][10]

BeiDou 3M editar

Os BeiDou 3M sitúanse en órbita de preto de 21.000 km de altura e forman parte da fase 3 do sistema BeiDou. Lanzáronse 14, todos mediante foguetes CZ-3B.[11][12]

Historial de lanzamentos editar

Misión[5][6][7][8][9][10][11] Data de lanzamento[5][6][7][8][9][10][11] Foguete lanzador[5][6][7][8][9][10][11] Notas[5][6][7][8][9][10][11]
BeiDou 1A 30 de outubro de 2000 CZ-3A Éxito
BeiDou 1B 20 de decembro de 2000 CZ-3A Éxito
BeiDou 1C 24 de maio de 2003 CZ-3A Éxito
BeiDou 1D 2 de febreiro de 2007 CZ-3A Éxito
BeiDou 2M 1 13 de abril de 2007 CZ-3A Éxito
BeiDou 2G 2 14 de abril de 2009 CZ-3C Éxito
BeiDou 2G 1 16 de xaneiro de 2010 CZ-3C Éxito
BeiDou 2G 3 2 de xuño de 2010 CZ-3C Éxito
BeiDou 2I 1 31 de xullo de 2010 CZ-3A Éxito
BeiDou 2G 4 31 de outubro de 2010 CZ-3C Éxito
BeiDou 2I 2 17 de decembro de 2010 CZ-3A Éxito
BeiDou 2I 3 9 de abril de 2011 CZ-3A Éxito
BeiDou 2I 4 26 de xullo de 2011 CZ-3A Éxito
BeiDou 2I 5 1 de decembro de 2011 CZ-3A Éxito
BeiDou 2G 5 24 de febreiro de 2012 CZ-3C Éxito
BeiDou 2M 3 29 de abril de 2012 CZ-3B/G1 Éxito
BeiDou 2M 4 29 de abril de 2012 CZ-3B/G1 Éxito
BeiDou 2M 2 18 de setembro de 2012 CZ-3B/G1 Éxito
BeiDou 2M 5 18 de setembro de 2012 CZ-3B/G1 Éxito
BeiDou 2G 6 25 de outubro de 2012 CZ-3C Éxito
BeiDou 3I 1-S 30 de marzo de 2015 CZ-3C/G3Z Éxito
BeiDou 3M 1-S 25 de xullo de 2015 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 2-S 25 de xullo de 2015 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3I 2-S 29 de setembro de 2015 CZ-3B/G2 Éxito
BeiDou 3M 3-S 1 de febreiro de 2016 CZ-3C/G3Z Éxito
BeiDou 2I 6 29 de marzo de 2016 CZ-3A Éxito
BeiDou 2G 7 12 de xuño de 2016 CZ-3C/G2 Éxito
BeiDou 3M 1 5 de novembro de 2017 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 2 5 de novembro de 2017 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 7 11 de xaneiro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 8 11 de xaneiro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 3 12 de febreiro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 4 12 de febreiro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 9 29 de marzo de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 10 29 de marzo de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 2I 7 9 de xullo de 2018 CZ-3A Éxito
BeiDou 3M 5 29 de xullo de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 6 29 de xullo de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 11 24 de agosto de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 12 24 de agosto de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 13 19 de setembro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 14 19 de setembro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 15 15 de outubro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 16 15 de outubro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3G 1Q 1 de novembro de 2018 CZ-3B/G3 Éxito
BeiDou 3M 17 18 de novembro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 18 18 de novembro de 2018 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3I 1 20 de abril de 2019 CZ-3B/G3 Éxito
BeiDou 2G 8 20 de abril de 2015 CZ-3C/G2 Éxito
BeiDou 3I 2 24 de xuño de 2019 CZ-3B/G3 Éxito
BeiDou 3M 23 22 de setembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 24 22 de setembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3I 3 4 de novembro de 2019 CZ-3B/G3 Éxito
BeiDou 3M 21 23 de novembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 22 23 de novembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 19 16 de decembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3M 20 16 de decembro de 2019 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3G 2Q 9 de marzo de 2020 CZ-3C/G3 Éxito
BeiDou 3G 17 de maio de 2023 CZ-3B/G3 Éxito
BeiDou 3 M21 23 de novembro de 2023 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3 M22 23 de novembro de 2023 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3 M19 16 de decembro de 2023 CZ-3B/G3Z Éxito
BeiDou 3 M20 16 de decembro de 2023 CZ-3B/G3Z Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The State Council Information Office of the People’s Republic of China, ed. (xuño de 2016). "China’s BeiDou Navigation Satellite System" (PDF) (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Beidou" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  3. Jun Lu, Xia Guo, Chengeng Su (31 de agosto de 2020). SpringerOpen, ed. "Global capabilities of BeiDou Navigation Satellite System" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  4. David H. Millner, Stephen Maksim e Marissa Huhmann (14 de abril de 2022). National Defense University Press, ed. "BeiDou: China’s GPS Challenger Takes Its Place on the World Stage" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD 1A, 1B, 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-2 G" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-2 M / BD-2 I" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-3 G" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-3 I (Type 1)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-3 I (Type 2)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-3 M (Type 1)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  12. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BD-3 M (Type 2)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar