Beatriz Luengo

actriz, bailarina e cantante española

Beatriz Luengo González, nada en Madrid o 23 de decembro de 1982, é unha actriz, bailarina e cantante española.

Infotaula de personaBeatriz Luengo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Beatriz Luengo González Editar o valor em Wikidata
23 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dance (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de teatro , compositora de cancións , cantante , bailarina , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, Soul, Reggae, R&B contemporâneo (pt) Traducir e música latina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group
Sony Music Latin Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYotuel Romero (2009–)

Páxina webbeatrizluengo.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1272411 Allocine: 105212
Facebook: BeatrizLuengoOficial Twitter: EsBeatrizLuengo Instagram: beatrizluengo MySpace: beatrizluengobl Spotify: 23cijmutocNvhM5xkcyyFF Musicbrainz: 3e2828b0-1f46-4dfa-8b25-d4ced7fd691b Songkick: 2101114 Discogs: 1365766 Deezer: 6724 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nada nunha familia madrileña, Beatriz comeza a interesarse polo mundo do espectáculo aos seis anos, cando comeza a asistir a clases de canto e baile. Aos 11 anos aparece na repartición de baile do programa de televisión El Circo de Rita y Miliki (TVE), e con 12 firma, dentro dun grupo musical infantil chamado Tatu, o seu primeiro contrato discográfico con PolyGram, aínda que o devandito álbum nunca foi publicado[1].

Aos 15 anos debuta no Teatro Lope de Vega coa función Peter Pan, que levou o Premio Max de 1999 ao mellor musical. Máis tarde actuaría noutros musicais da capital como Annie ou Grease, e comeza a forxar a súa carreira como cantante e actriz a nivel profesional. A súa primeira aparición nunha longametraxe foi en 2000, na película Paixón adolescente dirixida por Antonio Llamas.

Tras realizar varios cameos en series de televisión como El Comisario ou Periodistas, consegue en 2003 un papel protagonista na serie Un paso adelante (Antena 3), baseada nunha escola de baile. Nesta serie formará un grupo musical, coñecido como UPA Dance, e logrará darse a coñecer en Francia grazas á venda da serie á canle M6[2]

A discográfica Universal Music decidiu rescatar o contrato que a cantante asinou con PolyGram. O seu primeiro álbum en solitario, Mi generación, non obtén o éxito esperado en España, polo que Beatriz decide marchar a Francia para continuar desenvolvendo a súa carreira como cantante. Alí grava en 2006 o seu segundo álbum e reedición do primeiro, BL, que obtén boas vendas no país galo e onde contou con colaboracións de artistas como Antonio Carmona.

O seu terceiro álbum, Carrousel, saíu á venda en España e Francia coa produción de Yotuel Romero e Andrés Levin. O seu sinxelo de lanzamento, Pretendo hablarte, foi a canción oficial da Vuelta ciclista a España de 2008 e o seu primeiro número 1 na lista de Los 40 principales.

Discografía editar

  • Mi generación (2005)
  • BL (2006)
  • Carrousel (2008)
  • Bela y sus Moskitas muertas (2011)
  • Cuerpo y alma (2018)

Sinxelos editar

Filmografía editar

Longametraxe editar

  • Pasión adolescente (2001)
  • Campanilla y el tesoro perdido (2009) (B.S.O.)
  • Sweet Dreams (2009)

Televisión editar

Teatro editar

  • Peter Pan (1999)
  • Grease
  • La magia de Broadway (1999-2000)
  • Annie'
  • Hermanos de sangre

Premios editar

  • 2005: Premios da Música ao Mellor futuro musical.
  • 2007: European Borders Breakers Awards.
  • 2008: Premio Pentagrama ao Mellor álbum do ano.
  • 2009: Premio Cadena Dial.
  • 2009: Premio "Números 1" Cadena 100.

Notas editar

  1. "Beatriz Luengo". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 13 de novembro de 2009. 
  2. "A serie española 'Un paso adiante' triunfa na televisión francesa". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2009. Consultado o 13 de novembro de 2009. 

Ligazóns externas editar