Beach Rats

filme estadounidense de 2017

Beach Rats é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Eliza Hittman. Protagonizado por Harris Dickinson, Madeline Weinstein e Kate Hodge, foi estreado no Festival de Cinema de Sundance de 2017 na sección de filmes dramáticos,[2] e posteriormente nas salas de cinema o 25 de agosto do mesmo ano.[3]

Beach Rats
Eliza Hittman recibindo o premio á dirección no festival de Sundance.
Ficha técnica
Título orixinalBeach Rats
DirectorEliza Hittman
ProdutorBrad Becker-Parton
Andrew Goldman
Drew P. Houpt
Paul Mezey
GuiónEliza Hittman[1]
IntérpretesHarris Dickinson
Madeline Weinstein
Kate Hodge
MúsicaNicholas Leone
FotografíaHélène Louvart
MontaxeScott Cummings
Joe Murphy
DistribuidoraNeon
Estrea23 de xaneiro de 2017 (en Sundance)
25 de agosto de 2017 (nos Estados Unidos)
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt6303866 Filmaffinity: 824437 Allocine: 252135 Rottentomatoes: m/beach_rats_2017 Mojo: beachrats Allmovie: v673712 Metacritic: movie/beach-rats Netlix: 80171405Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

Frankie (Harris Dickinson) é un mozo de Brooklyn que vive co seu pai enfermo, a súa nai e a súa irmá máis nova. Para escapar da súa vida familiar, pasa o tempo coa súa nova moza (Madeline Weinstein), cos seus amigos e falando con homes maiores en Internet, cos que se cita para ter sexo e consumir drogas. Porén, non se identifica como bisexual ou gay diante da súa moza e os seus amigos. É por iso que só ten sexo con homes maiores, para evitar persoas que poidan coñecer os seus amigos. Co tempo, iráselle facendo máis difícil.

Elenco editar

  • Harris Dickinson como Frankie
  • Madeline Weinstein como Simone
  • Kate Hodge como Donna
  • Neal Huff como Joe
  • Nicole Flyus como Carla
  • Frank Hakaj como Nick
  • David Ivanov como Alexei
  • Anton Selyaninov como Jesse
  • Harrison Sheehan como Jeremy
  • Douglas Everett Davis como Harry
  • Erik Potempa como Michael

Notas editar

  1. Nordine, Michael (30 de xaneiro de 2017). "A Sophomore Sundance Star Goes to the Next Level". Ozy.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  2. Erbland, Kate (30 de novembro de 2016). "Sundance 2017 Announces Competition and NEXT Lineups, Including Returning Favorites and Major Contenders". IndieWire. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  3. The Film Stage (18 de abril de 2017). "40 Films to See This Summer". The Film Stage. Consultado o 18 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar