Batería de Bagdad

Batería de Bagdad é o nome dado a diversos floreiros fabricados durante o período parto (antes do ano 226d.C.), que algúns supón que funcionaban como unha pila eléctrica.

Debuxo da batería de Bagdad.

En 1936, durante unhas escavacións nun outeiro de Kujut Rabua, unha aldea ao sueste de Bagdad (Iraq), os traballadores do Departamento Estatal Iraquí do Ferrocarril descubriron unha tumba bella cuberta cunha laxa de pedra. Durante dous meses, o Departamento Iraquí de Antigüidades extraeu de alí un total de 613 abelorios, figurillas de arxila, ladrillos cincelados e outras pezas. Foron datados no período dos partos (case cincocentos anos entre 248 a.C. e 226 d.C.). Tamén acharon uns recipientes moi singulares de arxila, con forma de floreiro e de cor amarela claro. No seu interior había un cilindro de cobre, fixado con asfalto á embocadura do pescozo. Dentro do cilindro había unha vara de ferro.

O recipiente medía 13 cm de alto por 4 cm de diámetro, mentres que o cilindro de cobre medía 9 cm de alto por 2,6 cm de diámetro. A vara de ferro sobresaía 1 centímetro e daba a impresión de haber estado revestida dunha fina capa de chumbo.

Nese ano (1939), o arqueólogo alemán Wilhelm König, entón a cargo do Laboratorio do Museo Estatal de Bagdad, identificouno como unha probable pila eléctrica. Describiu o seu achado no 9 Jahre Iraq, publicado en Austria en 1940. A primeira análise deste obxecto consistiu en introducir no seu interior un electrólito, e conectarlle unha lámpada, que se acendeu moi debilmente. O informe oficial que se redactou despois dicía que este obxecto comportábase exactamente igual que unha pila eléctrica moderna.

De regreso ao Museo de Berlín (Alemaña), König relacionou o descubrimento con outros cilindros, varillas e tapóns de asfalto similares provenientes de Mesopotamia; todos eles con varillas delgadas de ferro e bronce. Pareceulle que estas "baterías" puidéronse unir en serie (unha detrás doutra) para aumentar a voltaxe producida.

Logo da segunda guerra mundial, Willard Gray, enxeñeiro en electrónica do Laboratorio de Alta Voltaxe, da General Electric Company, de Pittsfield (Massachussets, Estados Unidos), fabricou un duplicado destas baterías e encheunas con sulfato de cobre (aínda que declarou que se podería usar outro líquido electrólito ao alcance dos habitantes de Iraq da época: zume de uva corrente). A pila funcionou e xerou entre un e dous voltios.

Gray dixo que introduciu ademais unha figura de prata, que en dúas horas volveuse dourada. Segundo el, demostrara que a batería funcionaba, e que o seu probable uso era de restaurar obxectos de prata.

Críticas escépticas editar

O arqueólogo König non mostrou con que material poderíanse unir as "baterías", xa que entre os miles de obxectos arqueolóxicos atopados en Mesopotamia non había ningún obxecto metálico transmisor da corrente eléctrica (como un arame de ferro) de lonxitude suficiente para unir varias destas "pilas". König sostivo que o obxectivo destas baterías era proporcionar a electricidade necesaria para realizar galvanización con ouro e prata (aínda que ata o momento non se atopou ningún obxecto antigo galvanizado).

Para König e Gray non había nada máis fácil que afirmar que estes recipientes eran pilas. Con todo, a hipótese das pilas é insostible: non se atoparon restos, nin sequera trazas, de ningún electrólito dentro dos cilindros de cobre. Se estes recipientes se utilizarón como xeradores de tensión, deberían conter algún electrólito, o cal, aínda que pasase moito tempo, puiderinanse detectar na actualidade. Ademais, tampouco se atopou o arame necesario para facer uso das pilas.

O feito de que ao agregar sulfato de cobre como electrólito se xerase unha diferenza de potencial de 1,5 V, non implica que realmente se utilizaron como baterías, xa que calquera outro recipiente que conteña dous metais pode xerar unha tensión eléctrica mínima se se lle agrega algún elemento electrolítico.

O experimento do enxeñeiro Willard Gray (galvanizar en dúas horas unha figura de prata con electrólito de zume de uva) resultou ser falso. A pila de Bagdad podería xerar como máximo 10 mA. Entón para depositar 10 g de ouro teoricamente serían necesarios case 6 días de traballo continuo (e 10 días para depositar 10 g de prata). Na práctica este tempo pódese duplicar ou triplicar.

Se se engade viño, vinagre ou outro ácido, a varilla de ferro desintegrariase en pouco máis de 1 ano. No entanto esas varillas chegaron ata os nosos días, clara mostra que non se utilizou ese par galvánico.

Aqueles que consideran que este artefacto era efectivamente unha pila eléctrica, cualifícana de oopart (acrónimo en inglés de out of place artifact: artefacto fóra de lugar). Os escépticos en cambio pensan que o floreiro só servía para gardar pergamiños e cosméticos. Na serie Cazadores de Mitos, realizan un duplicado destas baterías e tras varias probas conseguen unhas descargas eléctricas bastante dolorosas. Aínda que isto conseguírono usando estatuas "douradas" encima das vaiselas, e conectando varias en serie.

Actualidade editar

O 11 de abril de 2003, durante a Invasión de Iraq, o Museo Nacional de Iraq en Bagdad, foi asaltado e saqueado. Durante aproximadamente tres días moitas das pezas de incalculable valor histórico foron destruídas ou roubadas. Este é o caso das "baterías de Bagdad".

Aínda que algunhas versións afirman que estas puideron ser retiradas para a súa protección polo mesmo goberno iraquí como medida de proteccion ante os bombardeiros, os máis escépticos consideran que estas pasaron a formar parte do tráfico ilegal de antigüidades mesopotámicas.

Hoxe en día descoñécese o seu paradoiro.

Ligazóns externas editar

Véxase tamén editar