Batea

estrutura flotante para a acuicultura

Unha batea é unha estrutura flotante composta dunha estrutura superior de madeira (un entramado de grandes vigas), flotadores de enormes dimensións e cordas perpendiculares á batea que se afunden na auga e onde crecen os produtos.

Batea na Ría de Vigo.
Varias bateas na Ría de Vigo.

En España atópanse principalmente nas Rías Baixas, en Galicia.

Fauna e flora editar

Nas bateas crecen os moluscos desexados, mexillóns ou ostras, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se adhiren ás cordas. Desta forma, co paso do tempo unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar