Batalla de Saint-Quentin (1914)

Batalla de San Quentín
Conflito: primeira guerra mundial
Data: Do 29 ao 30 de agosto de 1914
Lugar: Saint-Quentin, Francia
Resultado: Vitoria xermana, repelido o ataque francés
Combatentes
Francia Imperio Alemán
Comandantes
Charles Lanrezac Karl von Bullow
Forzas
V Exército francés II Exército alemán
Baixas
12.000 baixas 7000 baixas

A batalla de Saint-Quentin de 1914 foi unha batalla da primeira guerra mundial, tamén denominada Primeira batalla de Guise. Tivo lugar en agosto de 1914.

Desenvolvemento editar

A noite do 26 de agosto, as tropas aliadas estaban en retirada. O xeneral francés Joffre precisaba que alguén contivese o avance alemán mentres se retiraban tanto as tropas galas (no flanco dereito) como as tropas expedicionarias británicas (no flanco esquerdo). Os mandos franceses ordenaron a Lanrezac, a cargo do V Exército, atacar aos alemáns atrasando o seu avance.

O día 29 pola mañá atacaron ás tropas alemás, que nos días anteriores estableceran defensas en torno a Saint-Quentin. O avance foi lento e custou moitas vidas, pero finalmente forzaron a Bullow a retroceder. Esa mesma noite, Joffre ordenou a Lanrezac que continuasen a retirada e que ó seu paso destruísen as pontes sobre o río Oise. A orde non chegou ata o día 30 pola mañá e as tropas tardaron en iniciar a marcha. Non obstante, o II Exército alemán non se desprazou e polo tanto non obstaculizou a Lanrezac.

O día 30, Bullow reportou aos seus superiores que non puidera curtar a retirada francesa. Días despois marchou cara ao río Marne en dirección a París.