Batalla de Espinosa de los Monteros

A batalla de Espinosa de los Monteros foi librada entre o 10 e 11 de novembro de 1808[1], nas proximidades da localidade homónima burgalesa nos montes Cantábricos, na que as tropas napoleónicas ao mando do xeneral Victor obtiveron a vitoria contra o tenente xeneral Joaquín Blake, xefe do Exército de Galiza.

Batalla de Espinosa de los Monteros
Parte de Guerra da Independencia española

Batalla de Espinosa de los Monteros, ilustración da novela Napoleón en Chamartín de Benito Pérez Galdós (edición La Guirnalda e Episodios Nacionales, 1882).
Data 10-11 de novembro de 1808
Lugar Espinosa de los Monteros (Burgos)
Coordenadas 43°04′00″N 3°32′00″O / 43.0667, -3.5333Coordenadas: 43°04′00″N 3°32′00″O / 43.0667, -3.5333
Resultado

Desenvolvemento da batalla editar

No primeiro día de combate, Victor, buscando unha vitoria fácil que borrase a súa humillación en Valmaseda, lanzou unha serie de ataques sen sentido que foron repelidos con fortes perdas polos disciplinados soldados regulares do xeneral marqués de la Romana. No serán, as posición de Blake aínda se mantiñan. Na mañá do 11 de novembro, Victor retomou as súas posicións e coordinou un ataque francés masivo que furou á esquerda de Blake e varreu as tropas galegas fóra do campo de batalla. Os españois perderon 3.000 soldados[1] e os franceses capturaron un total de 30 canóns e outras trinta bandeiras.

Aínda que non foi, en si, unha derrota decisiva, para a desesperanzada confusión do esfarrapado exército español, que carecía dun goberno e unha estrutura de mando coordinada, a batalla de Espinosa marcou o golpe de morte para o Exército da Galiza que mandaba Blake. Aínda con todo foi capaz de retirar cara ao oeste, con orde, o que quedaba das súas tropas a través das montañas, escapando da persecución napoleónica do mariscal Soult. Cando chegou a León, o 23 de novembro de 1808, aínda contaba con 10 000 homes baixo o seu mando. Tres días despois, Blake traspasou o mando das súas tropas ao marqués de la Romana.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cayuela Fernández, José Gregrorio; Gallego Palomares, José Ángel (2008). La Guerra de la Independencia. Historia bélica, pueblo y nación en España (1808-1814). Salamanca: Ediciones Universitarias de Salamanca. p. 163. ISBN 978-84-7800-334-1.