Batalla de Courtrai

A batalla de Courtrai enfrontou a Filipe IV de Francia coas milicias comunais flamengas o 11 de xullo de 1302, preto de Courtrai, chamada tamén batalla das esporas de ouro.

Batalla de Courtrai (1302)

Preámbulo editar

A industria téxtil fixera prosperar a Flandres, provincia do norte do reino de Francia. Usaba a la, esencialmente importada de Gran Bretaña. Os artesáns tecedores e comerciantes opinaban que as taxas elevadas polo rei Filipe IV de Francia o Fermoso para prexudicar a Inglaterra era elevadas de máis.

Guido de Dampierre, Conde de Flandres, que se puxera de parte dos seus tecedores, foi deposto e encarcerado en París.

Despois das "Mâtinés de Bruxas" os rebeldes dominaban a rexión agás dúas prazas fortes: Cassel e Courtrai. Despois de dous ataquen en van á cidade, os 60 000 sitiadores foron atacados polo exército de cabaleiros francés, baixo o mando de Roberto de Artois.

Batalla editar

Os «Klauwaerts» (partidarios da pouta) acurralados por dez cabaleiros e os dous fillos de Guido de Dampierre, están nun outeiro, á beira do Lys. Os cabaleiros franceses aséntanse no outeiro de Mossemberg.

Tras un intercambio de frechas os franceses fan avanzar a súa infantaría ata o foxo. Pero a cousa sae mal e ata o mesmo Roberto de Artois é morto.

Despois da batalla, os flamengos recollerán da lama dos campos de Groninga 500 esporas de ouro que irán ornar a igrexa de Notre-Dame de Courtrai.

Despois da batalla editar

Filipe o Fermoso obterá o desquite dous anos despois na batalla de Mons-en-Pévèle onde combaterá el mesmo valentemente en primeira liña.

Os franceses recuperan as esporas e lévanas a unha igrexa de Dijon.

O 23 de xuño de 1305, unha paz de compromiso asinada en Athis-Mons permitiralle ó rei anexionar soamente Lille, Douai e Béthune. Francia terá agora acadado a fronteira que será aínda súa sete séculos máis tarde malia numerosas guerras por ela.

Ligazóns externas editar