Batalla de Athens

A batalla de Athens foi unha batalla disputada durante a guerra civil estadounidense o 26 de xaneiro de 1864. Comandaba as forzas da Unión o capitán Emil Adams fronte ás forzas confederadas dirixidas por Moses W. Hannon. A batalla tivo lugar no Condado de Limestone, Alabama.
Árredor das 4:00 am do 26 de xaneiro de 1864, a cabalaría confederada (600 homes) atacou Athens, Alabama defendida por só 100 soldados da Unión, a pesar da falta de fortificación das forzas defensoras e do seu menor número conseguiron rexeitar o ataque despois de dúas horas de batalla, morreron 50 militares (30 confederados e 20 unionistas)