Batalla das Dunas (1639)

batalla entre as armadas española e holandesa

A batalla naval das Dunas foi unha batalla entre as armadas española e holandesa que tivo lugar o 21 de outubro de 1639 na rada das Dunas -ou dos Baixíos- (The Downs), preto da costa do condado de Kent, en Inglaterra, no transcurso da Guerra dos Oitenta Anos.

Batalla naval das Dunas
Parte de Guerra dos Oitenta Anos

Antes da batalla das Dunas, de Reinier Nooms (preto de 1639), representando o bloqueo holandés da costa inglesa. O navío mostrado é o Aemilia, o buque insignia de Tromp.
Data 21 de outubro de 1639
Lugar Rada das Dunas, no Canle da Mancha
Coordenadas 51°12′00″N 01°30′00″L / 51.20000, -1.50000Coordenadas: 51°12′00″N 01°30′00″L / 51.20000, -1.50000
Resultado Decisiva vitoria das Provincias Unidas, actual Holanda
Belixerantes
Provincias Unidas dos Países Baixos España
Líderes
Maarten Harpertszoon Tromp Antonio de Oquendo
Forzas en combate
117 (+100) barcos 77 (21) barcos
(+ou-: 14000 homes)
Baixas
1 000 mortos, 10 barcos incendiados. 6 000 mortos, 43 barcos destruídos ou capturados.

Antecedentes editar

Despois de que os franceses cortasen en 1638 o Camiño dos españois [1] e atacasen varios portos da costa atlántica,[2] nun intento desesperado por reforzarse, reabastecerse e pagar as súas tropas en Flandres, en 1639 fórmase en Cádiz unha escuadra de 23 barcos e 1 679 homes de mar para operar contra Francia e Holanda ao mando de Antonio de Oquendo[3]. Saen cara a Flandres, uníndose na Coruña as outras escuadras que van formar parte da misión. A misión principal é levar tropas e diñeiro a Flandres.

Preparación editar

Reunión da Armada na Coruña editar

O 17 de xullo chegaron a Cádiz a frota do almirante Ibarra que escoltaba as frotas procedentes do Novo Mundo,[4] xa a finais de agosto chegan á Coruña as naves de Antonio de Oquendo, fondeando fora do porto para permitir a saída do resto da frota.

Reúnense así as escuadras de:

Na Coruña únense as escuadras de:

Ademais, acompáñanlles 12 navíos ingleses fretados como transporte das tropas que ían reforzar as dos Países Baixos. En total fretáronse 45 barcos de guerra de diferentes tamaños e trinta de transporte,[6] divididos en sete escuadróns.[7] Entre todas levaban, segundo as versións estranxeiras, 27 000 homes.[8] Algunhas versións españolas redúcenos a 6 000. A realidade debeu ser uns 14 000, dos que 8 000 eran homes de mar e guerra e o resto, infantaría.

Para o Conde-Duque de Olivares os buques e dotacións estaban nun estado excelente de preparación e adestramento, e non saíra armada como esta desde a xornada de Inglaterra (Véxase Armada Invencible). Para o almirante Feijó, da escuadra de Galicia, estaban faltos de todo, a xente era forzada, non había bastantes artilleiros e tiñan pouca experiencia etc.

Encontro cos holandeses no Canal da Mancha editar

O 31 de agosto fanse ao mar, deixando aos transportes ingleses navegar soltos, a vangarda formábaa a escuadra de Dunkerque, como expertos do Canal da Mancha.

As frotas francesas, inferiores en número, non presentaron ningunha resistencia e refuxiáronse nos portos,[4] na canle atopábase á espera o almirante holandés Maarten Harpertszoon Tromp, con 13 naves, que atacou a frota hispánica o avístarse as escuadras en augas inglesas, á altura de Beachy Head, o 15 de setembro[6] pola noite, coa táctica de combate en liña e canóns de alta cadencia[4] e ao amencer do 16 xa con 6 naves adicionais, Oquendo intenta abordar á capitá holandesa, non conseguíndoo e recibindo a cambio numerosos canonazos, que deixaron a súa nave case desarmada e con 43 mortos e outros tantos feridos. Ao longo do día establécense escaramuzas, co único resultado da voadura dunha nave holandesa. O combate segue o 17, entre escaramuzas e combate artilleiro, sen permitir os holandeses que os españois se acheguen a tiro de arcabuz.

O 18 únenselle a Tromp 16 naves, pero mantense a mesma táctica. Caen no combate os almirantes Guadalupe e Ulajani, estando a piques de ser apresado o galeón de Oquendo.

Nestes tres días de combate, os contendentes esgotaron toda a pólvora e municións. Tromp entra en Calais, onde o gobernador facilítalle 500 toneladas de pólvora, repara os seus buques, desembarca aos feridos e, en 20 horas, está de novo no mar listo para o combate.

Entrada da Armada nas Dunas (Downs) editar

Oquendo podería facer o mesmo nos portos amigos de Dunkerque ou Mardique (hoxe Fort-Mardyck, 10 km ao leste de Dunkerque), pero, dubidando do calado de Mardique, onde pensaba que non podían entrar os seus galeóns grandes, así como dada a proximidade da rada das Dunas -ou dos Baixíos- (The Downs) na costa do condado de Kent, en Inglaterra, e considerando que os ingleses eran neutrais, decide refuxiarse alí, para intentar aprovisionarse e reparar os seus barcos.

Aos ingleses non lles fai graza a decisión española, e o enfado vese agravado por non saudar Oquendo á bandeira inglesa do almirante Pennigton, que se atopaba fondeado na rada. Ante o enfado inglés, e dada a súa precaria situación, Oquendo cede. Os ingleses ceden o fondeadoiro interior aos españois, e fondean entre a armada española e a holandesa.[6]

Oquendo intenta conseguir provisións de guerra, informando da súa presenza ao embaixador de España en Londres e ao gobernador dos Países Baixos, conseguindo así reforzo de mariñeiros e soldados desde Dunkerque. Organiza transportes en buque lixeiros para levar a Flandres o diñeiro e os soldados que transportaba con ese destino. O 27 de setembro, aproveitando unha espesa néboa, organiza un convoi con 13 pataches e fragatas que acompañan a 56 embarcacións costeiras (a maioría pesqueiros vindos de Dunkerque), que chegan sen novidade a Flandres, a pesar de estar Tromp bloqueando a saída da rada.

Tromp mantén unha escuadra fondeada na saída da rada e outra navegando pola Canle. Dispón de 114 a 120 naves, entre elas 17 brulotes. Algúns relatos contan que permite o paso de buques de apoio españois con cordames e arboraduras, para que Oquendo poida reparar antes as súas naves e así poder establecer combate.

A batalla editar

O 20 de outubro Oquendo leva un mes fondeado na rada das Dunas, cando chegan as primeiras subministracións de pólvora, este é escaso, e repárteo entre os galeóns.

Tromp ten noticias diso, e decide atacar antes de que os españois se rearmen completamente, polo que expón ao almirante inglés que foi atacado polos españois e que, polo tanto, procede a atacarlles. Lanza os seus brulotes sobre a escuadra fondeada, pero os españois pican amarras e fanse ao mar. Entre a confusión producida polos brulotes e unha espesa borraxeira, só conseguen saír da rada 21 buques para enfrontarse a máis de 100 holandeses. Os demais varan nos bancos de area e a costa dos Downs.

Tromp lanza tres brulotes contra a capitá de Oquendo. Este consegue desembarazarse dos tres, pero un deles engánchase na proa do galeón Santa Teresa[7], de Lope de Hoces, que lle seguía e que se perde envolvido en chamas.

A batalla establécese cos galeóns españois pelexando illados contra forzas cinco veces superiores.

Pola noite, aproveitando a escuridade, algúns españois conseguen desembarazarse dos seus atacantes e, os que poden, diríxense a Mardique, chegando a nave de Oquendo, a de Masibriadi e 7 buques máis da Escuadra de Dunkerque.

Do resto dos barcos, 9 rendéronse, estando en tan mal estado que tres afundíronse cando eran levados a porto holandés, e os demais embarrancaron nas costas francesas ou flamengas para non entregarse ao inimigo.

Dos que vararan nos baixíos (The Downs), 9 conseguiron chegar a Dunkerque.

Consecuencias editar

As perdas españolas foron estimadas polos holandeses en 43 buques e 6 000 homes e as holandesas estimadas polos españois en 10 buques e uns 1 000 homes. As frotas hispánicas non lograron un volume similar de barcos ata a década de 1780.[4]

Din que Oquendo, que estaba gravemente enfermo, dixo ao chegar a Mardique: «xa non me queda máis que morrer, pois trouxen a porto con reputación a nave e o estandarte».

Houbo quen, desde España, viu a acción de Oquendo como unha gran fazaña, xa que conseguira levar os reforzos e os diñeiros ao exército de Flandres, e salvou á capitá e ao estandarte real ante forzas abrumadoramente superiores. Esquecen que, se en lugar de refuxiarse na rada de The Downs, se dirixise aos portos de Flandres, non perdería case toda a súa frota.

Segundo o historiador e almirante portugués Costa Quintella, Oquendo portouse máis como comandante [de buque] que como xeral e almirante, xa que, sen máis que pór en liña os seus navíos [no primeiro encontro], puido aniquilar aos seus inimigos».

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar