Barton (cráter)

cráter de impacto no planeta Venus

O cráter Barton é un cráter de impacto que está situado na superficie de Venus e que ten uns 52 km de diámetro. Cando os cráteres de Venus comezan a acadar este tamaño, comezan a aparecer con cumios centrais en forma de anel no canto das típicas montañas (únicas) centrais. O chan do cráter e plano e escuro visto a ollos do radar, o cal indica que se puido infiltrar lava no seu interior nalgún momento posterior ó impacto. O cumio en anel do cráter Barton é descontinuo e semella ter sido quebrado ou alterado durante ou pouco despois de proceso de craterización.[2] O cráter recibiu o nome de Clara Barton, fundadora da Cruz Vermella Americana.[1]

Barton
Imaxe de radar do cráter Barton feita pola sonda Magallanes.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 52,2 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 27,4° N 337,5° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a Clara Barton, fundadora da Cruz Vermella Americana.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Crater, craters: Barton on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. Consultado o 20-11-2011. 
  2. "Peak-Ring Crater". JPL. Consultado o 20-11-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar