Bartolomé Hermida Santabaia

avogado e político galego


Bartolomé Hermida Santabaia, nado en Tui o 11 de xaneiro de 1801 e finado en Valladolid o 29 de maio de 1864,[Cómpre referencia] foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaBartolomé Hermida Santabaia
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1801 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1864 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Tui
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela (1824). Ocupou cargos políticos nos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui en 1844, intendente de Lugo e da Coruña, e foi designado gobernador da provincia da Coruña en 1853. Foi deputado por Pontevedra (1844) e polo distrito de Betanzos en 1857. Foi gobernador civil de Zaragoza e Valladolid (1864).

Casou con Teresa Romero, e tiveron catro fillos: Juan, Joaquín, Ramón e Vicenta.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Tui
 
1844 - ?
Sucesor:
?