Barthold Georg Niebuhr

Barthold Georg Niebuhr, nado o 27 de agosto de 1776 en Copenhague e finado o 2 de xaneiro de 1831 en Bonn, foi un historiador e político alemán de orixe danesa, fillo do explorador e cartógrafo Carsten Niebuhr.

Barthold Georg Niebuhr
Nacemento27 de agosto de 1776
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento2 de xaneiro de 1831
Lugar de falecementoBonn
SoterradoAlter Friedhof Bonn
NacionalidadeReino de Dinamarca e Noruega, Reino de Prusia e Dinamarca
Alma máterUniversidade de Kiel
Ocupaciónhistoriador, político, diplomático, profesor universitario, economista, erudito clásico e escritor
PaiCarsten Niebuhr
IrmánsChristiane Niebuhr
PremiosFellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
Find a Grave: 13262700 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Profesor da Universidade de Berlín desde 1810, foi pioneiro no uso do novo «método histórico crítico» nos seus traballos. A súa obra máis importante é a clásica Historia de Roma (Römische Geschichte).

Tamén concibiu un proxecto no que pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes do Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.[1][2] A serie, de 50 volumes de autores bizantinos denominouse Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae e tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, trala morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.[3]

Notas editar

  1. Bunsen, Brandis & Lorbell (1854) p. 483 [e tamén na carta 364 (pp. 501-502), dirixida a Savigny, con data do 29 de abril de 1827: "Xa escoitou falar da edición dos historiadores bizantinos, que estou supervisando. É un gran pracer poder inculcar deste xeito un pouco de vida á nosa obra literaria; empregar a novos filólogos; dar extensión, actividade e perfección á tipografía; contribuír co meu gran de area [sic] ao aumento da prosperidade xeral ... " ]
  2. Omont (1904), p. 18
  3. Reinsch (2010), p. 441

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar