Barrio de Les Corts

barrio de Barcelona

Les Corts é un barrio do distrito homónimo da cidade de Barcelona. É a zona máis central do distrito e foi o núcleo principal do antigo municipio de Les Corts, agregado a Barcelona en 1897, ao que daba nome e que máis ou menos corresponde ao que hoxe é o actual distrito.

Modelo:Xeografía políticaBarrio de Les Corts
Imaxe

Localización
Mapa
 41°23′03″N 2°07′58″L / 41.3842, 2.1328Coordenadas: 41°23′03″N 2°07′58″L / 41.3842, 2.1328
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirLes Corts Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación45.943 (2021) Editar o valor em Wikidata (32.514,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie141,3 ha Editar o valor em Wikidata

O barrio combina edificacións das primeiras urbanizacións dos séculos XVIII e XIX, xunto con outras de nova construción. Durante a década dos anos setenta do século XIX abríronse as principais rúas e a praza do Carme, situada no eixo central desta popular barriada. A finais de século instaláronse varias industrias, como a fábrica Castells e a súa colonia obreira.

O sector de Can Novell comprende os terreos que ocupou o antigo campo do FC Barcelona entre os anos 20 e 60 do século XX e que agora se atopan ao barrio de La Maternitat i Sant Ramon. Nos terreos da antiga masía de Can Batllori, sobre a avenida Diagonal, atopáronse restos neolíticos e ibéricos, así como unha vila e unha necrópole romana.