Banxing

Satélite artificial de China.

Banxing (en chinés: 伴星), tamén coñecido como BX-1, foi un satélite artificial chinés soltado a man desde unha cápsula tripulada Shenzou durante a misión Shenzou 7 o 25 de setembro de 2008.[2][3]

Banxing / BX-1
TipoSoporte / tecnolóxico
Data de lanzamento25 de setembro de 2008[1]
Foguete portadorLonga Marcha 2F[2]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Jiuquan[2][3]
Obxectivo da misiónRetransmisión de imaxes da misión tripulada Shenzou 7 e probas tecnolóxicas.[2][3]
Decaemento29 de outubro de 2009[1]
NSSDC ID2008-047G
Masa40 kg[2][3]

Características editar

Banxing foi soltado durante a misión orbital Shenzou 7 por un dos astronautas da cápsula. O satélite foi usado para tomar imaxes da misión tripulada. Unha vez terminada a misión e regresados os astronautas a terra, Benxing foi usado para probar o voo en formación co módulo orbital da cápsula Shenzou deixado atrás como parte da misión.[2][3]

Poucas horas despois do seu lanzamento, Banxing pasou infrecuentemente preto da Estación Espacial Internacional, levantando especulacións sobre unha posible finalidade como experimento militar.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BX-1" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "BanXing" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2011). "BanXing" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012.