Bandwagonesque é o terceiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Teenage Fanclub, publicado o 19 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. O disco outorgoulle ao grupo un éxito considerable nos Estados Unidos cando o sinxelo "Star Sign" chegou ao número 4 da lista Billboard Modern Rock Tracks, converténdose no seu maior éxito no país, con "What You Do to Me" e "The Concept" entrando tamén no top 20 desa lista. Bandwagonesque foi votado "álbum do ano" de 1991 pola revista estadounidense Spin, superando ao Nevermind de Nirvana.[1]

Bandwagonesque
Álbum de Teenage Fanclub
Publicado19 de novembro de 1991
Gravaciónabril-maio de 1991
Estudio(s)Amazon Studios, Liverpool
Duración42:56
Xénero(s)rock alternativo, noise pop, power pop
Selo(s)Creation Records
Producido porDon Fleming, Paul Chisholm, Teenage Fanclub
Cronoloxía
The King Bandwagonesque Thirteen

Listaxe de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "The Concept"  Norman Blake 6:07
2. "Satan"  Blake, Gerard Love, Raymond McGinley, Brendan O'Hare 1:22
3. "December"  Love 3:03
4. "What You Do to Me"  Blake 2:00
5. "I Don't Know"  McGinley 4:36
6. "Star Sign"  Love 4:53
7. "Metal Baby"  Blake 3:39
8. "Pet Rock"  Love 2:35
9. "Sidewinder"  Love, O'Hare 3:03
10. "Alcoholiday"  Blake 5:26
11. "Guiding Star"  Love 2:48
12. "Is This Music?"  Love 3:18

Notas editar