Bandeira de San Tomé e Príncipe

A bandeira nacional de San Tomé e Príncipe foi adoptada o 5 de novembro de 1975, pouco despois da súa independencia de Portugal.

Bandeira de San Tomé e Príncipe
Bandeira de San Tomé e Príncipe
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción5 de novembro de 1975
Cores     Vermello     Amarelo     Verde     Negro

Cores e simbolismo editar

O triángulo vermello simboliza a loita pola independencia e as dúas estrelas negras simbolizan a súa unión cos demais países africanos e tamén representan ás dúas principais illas do país, a de San Tomé e a de Príncipe. O verde, amarelo e vermello son as cores do panafricanismo. O amarelo tamén se pode explicar por ser a cor dos froitos da planta do cacao e o verde pola vexetación tropical do arquipélago.

Historia editar

Esta bandeira foi empregada polo partido independentista do Movimento de Libertação de São Tomé e Príncipe (MLSTP), que pretendía conseguir a independencia, a única diferenza coa bandeira actual era que as bandas horizontais tiñan longos iguais. Foi adoptada o 5 de novembro de 1975, tan só catro meses despois da independencia do arquipélago.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar