Bandeira de Irán

A bandeira de Irán (en persa: پرچم ایران‎‎) foi adoptada o 29 de xullo de 1980 e é un dos reflexos da Revolución iraniana neste país.

Bandeira de Irán
Bandeira de Irán
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción29 de xullo de 1980
Cores     Verde     Branco     Vermello

Deseño editar

 
Flag of Iran before 1979 revolution

As cores verde, branco e vermello foron utilizados desde o século XVIII polos gobernantes iranianos ou persas como insignia, aínda que só en 1906 confeccionouse a primeira bandeira nacional a base de tres franxas, verde, branca e vermella, nesa orde de arriba cara a abaixo. Esta bandeira levaba ademais o símbolo do león coa espada e un sol detrás, o cal era o símbolo dos emperadores de Irán.

En 2007 unha orde presidencial estableceu que a bandeira non poderá ser posta a media hasta en sinal de loito porque podería supor unha ofensa ao conter o nome de Alá.

Bandeiras históricas editar

Bandeiras dinásticas previas á Pahlavi editar

Bandeiras da Revolución Constitucional Iraniana editar

Bandeiras no século XX editar

Despois da Revolución Islámica liderada polo aiatolá Ruhollah Khomeini, a bandeira foi reformada: elimináronse da franxa branca o símbolo do león e o sol, sendo substituído por unha figura que representa catro medias lúas rodeando unha espada. Así mesmo, colocouse nas franxas verde e vermella, nas partes que limitan coa franxa branca, a frase Allah O Akbar (en árabe Deus é Grande) once veces en cada franxa, representando que foi no día 22 do undécimo mes (Bahman) cando o xa Mohammad Reza Pahlavi fuxiu do país para non volver.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar