Bandeira de Corea do Norte

A bandeira de Corea do Norte (en coreano: 람홍색공화국기, ramhongsaek konghwagukki) foi adoptada oficialmente o 8 de setembro de 1948.

Bandeira de Corea do Norte
Bandeira de Corea do Norte
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción8 de setembro de 1948
Cores     Azul     Vermello     Branco

Descrición editar

A bandeira de Corea do Norte Está composta por cinco franxas horizontais de cores azul, branca, vermella, branca e azul. As proporcións destas franxas son de 1/6 do ancho cada franxa azul e 4/6 do ancho para o resto, que se dividen en: 1/24 para cada unha das franxas brancas e 22/24 para a franxa vermella central. Centrado a 1/3 ao longo da bandeira aparece un círculo branco, que inclúe no seu interior unha estrela vermella de cinco puntas.

Cores editar

A cor azul representa o desexo do pobo de paz, o vermello simboliza o espírito revolucionario da loita polo socialismo e o branco (cor tradicional de Corea) representa a pureza dos ideais de Corea do Norte e a súa soberanía nacional. A estrela vermella de cinco puntas simboliza o liderado do Partido dos Traballadores de Corea. O círculo branco lembra ao símbolo do yin e o yang, o cal é un símbolo tradicional da cultura coreana.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar