Bandeira de Cataluña

bandeira oficial de Cataluña

A Senyera ou bandeira de Cataluña é a tradicional de catro barras vermellas en fondo amarelo e ha de estar presente nos edificios públicos e nos actos oficiais que teñan lugar en Cataluña (articulo 8.2 do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006). A bandeira ten a categoría de símbolo nacional de Cataluña (artigo 8.1 do Estatut).[1]

Bandeira de Cataluña
Bandeira de Cataluña
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción18 de decembro de 1979
Cores     Vermello      Amarelo

Provén do emblema heráldico da liñaxe dos condes de Barcelona, un dos máis antigos de Europa, posto sobre tea. Adoptárono os seus descendentes como condes da Provenza no século XII, como reis de Mallorca no XIII e como reis de Aragón despois de que a rama principal familiar sucedese a Ramiro II no reino de Aragón en 1137. A partir de Xaime I coñecerase como bandeira ou sinal real. A partir do século XIX e a Renaixença, o Catalanismo afianzou a súa identificación como Bandeira Nacional de Cataluña.

Orixes editar

 

Na Biblia de Citeaux (1109) os personaxes bíblicos son representados con escudos con emblemas que serán heráldicos mais que aínda non o son porque non son permanentes nin hereditarios, a heráldica estaba a piques de nacer. Na conquista de Mallorca de 1115, Ramon Berenguer III, conde de Barcelona, comparte a hoste con Guillerme V de Montpellier, quen xa ten insignias, como indica a crónica da batalla, a imitación será o motor da difusión rápida da heráldica por todo Occidente. A emblemática das bandeiras é moito máis antiga que a heráldica, que só trata dos escudos. Confirma que os emblemas xeométricos coms os paus proveñen de bandeiras xa existentes.

Outras bandeiras catalás editar

Provincias catalás editar

Principais cidades de Cataluña editar

Bandeiras reivindicativas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar