Bandeira de Cabo Verde

A bandeira de Cabo Verde foi adoptada o 22 de setembro de 1992. Consiste dun fondo azul cunha banda horizontal vermella de bordos brancos. As bandas teñen unha proporción de 6:1:1:1:3. Sobre as bandas atópase un círculo de 10 estrelas de 5 puntas, que se atopa centrada nun 3/8 ao ancho da bandeira.

Bandeira de Cabo Verde
Bandeira de Cabo Verde
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción22 de setembro de 1992
Cores     Azul     Branco     Vermello     Amarelo

As estrelas representan as 10 illas maiores do país, mentres o azul representa ao océano e ao ceo. As bandas brancas e vermella representan o camiño da construción do país, mentres que as cores representan á paz e ao esforzo, respectivamente. A formación circular das estrelas, así como tamén a escura cor azul de fondo, amosa algunha similitude coa bandeira da Unión Europea.

Antiga bandeira caboverdiá

Entre 1975 e 1992 a bandeira empregada era moi similar á bandeira da Guinea-Bissau, país co que existían incluso plans de unificación. A bandeira constaba de dúas franxas horizontais do mesmo tamaño e unha vertical coas cores pan-africanas: vermella, verde e marela. Na franxa vertical, a diferenza da da Guinea-Bissau, aparecían uns cultivos de millo e unha concha arredor da chamada "estrela negra africana". Esta bandeira tamén diferenciábase coa da Guinea-Bissau por ter unhas dimensións de 2:3. A finais dos anos 1980, ambos países comezaron a distanciarse e Cabo Verde decidiu adoptar unha nova bandeira, que é empregada na actualidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar