A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía.[1] A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Praias galegas con Bandeira Azul editar

En 2015 había en Galiza 117 praias con Bandeira Azul (a Comunidade Valenciana tiña 121, Cataluña 89 e Andalucía 76).[2]

Provincia da Coruña editar

 
Praia de Riazor.

49 bandeiras.

Provincia de Lugo editar

 
Praia das Catedrais.

22 bandeiras.

Provincia de Pontevedra editar

 
Bandeira azul ondeando en 2013 na Praia de Santa Marta, Baiona.

55 bandeiras.

 
Praia de Nerga en 2012.
  • Cangas: Areabrava, Nerga, Menduiña, Melide, Areamilla, Liméns, Rodeira.
  • Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos.
  • Marín: Aguete, Mogor, Portocelo.
  • Poio: Xiorto, Cabeceira.
  • Sanxenxo: Areas, Os Espiñeiro, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas, A Lapa, Pragueira, Baltar.
  • O Grove: A Lanzada, Rareiros (Paxareiro), Area dá Cruz, Area Grande, Area dás Pipas, Area de Reboredo.
  • Illa de Arousa: Area de Secada, Camaxe.

Notas editar

  1. "Blue flag criteria" (en inglés). 
  2. "Mapa de bandeiras azuis no planeta" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 20 de novembro de 2017. 
  3. [1]
  4. [2]
  5. [3]
  6. [4]
  7. [5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar