Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

O Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA) é unha entidade bancaria española con participación en entidades financeiras de máis de trinta países.

BBVA (Banco Bilbao Vizcaya Argentaria)

Sede do BBVA en Bilbao.
TipoSociedade Anónima
Fundación1857 Fundación do Banco de Bilbao
1999 Fusión de BBV e Argentaria
LocalizaciónPraza San Nicolás 4, 48005 Bilbao País Vasco País Vasco
Persoas claveCarlos Torres Vila (Presidente)
IndustriaBanca
Número de empregados106 980 (2010)
Na rede
https://www.bbva.com/ e https://www.bbva.es/personas.html
Facebook: BBVAGroup Twitter: bbva Instagram: bbva Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Banco ten a súa sede social na cidade de Bilbao (País Vasco), aínda que a maior parte dos servizos centrais da entidade atopánse en Madrid (2009), concentrados na Torre BBVA (oficinas centrais do banco); conta con preto de 109 000 empregados, así como uns 35 millóns de clientes esparecidos en máis de 30 países por todo o mundo e aproximadamente 1 millón de accionistas. O banco ven de vender no 2009, a maior parte dos seus edificios corporativos en Madrid, e nun futuro vindeiro planea mudarse a unha nova cidade financeira que se está a proxectar ao norte da capital madrileña.

Nun proceso de deslocalización no que leva inmerso o banco dende o ano 2007, a dirección decidiu levar a cabo unha política de externalización de servizos e custos, trasladando moitos dos procesos administrativos e de operacións que se estaban a facer en servizos centrais (en Madrid e Bilbao) cara á cidade andaluza de Málaga e noutras cidades situadas no continente iberoamericano, externalizando os servizos nunha empresa pertencente ao grupo BBVA chamada OP PLUS Operacións e Servizos, aforrando tanto custos económicos como sociais.

Historia editar

O BBVA foi creado en 1999 como resultado da fusión das seguintes entidades bancarias:

Á súa vez cando se formalizou a fusión entre o BBV e Argentaria, fusionáronse tamén outras entidades que pertenecían ao grupo, como o Banco de Alicante, o Banco de Comercio, ou a Banca Catalana.

En febreiro do 2007 o BBVA anunciou a merca do banco estadounidense Compass Bancshares por un importe de 9 600 millóns de dólares, e o seu plan de fusionar as catro entidades bancarias para crear a maior entidade do sur do país[1]

A partir de xulio de 2007, o empresario galego Manuel Jove, anterior propietario de máis da metade de Fadesa, converteuse no principal accionista do BBVA, ao mercar un 4,9 % deste (174 millóns de accións) por 3 285 millóns de euros. Malia ter ao maior accionista de orixe galega, dito idioma é discriminado no banco, nas súas relacións coa clientela desa comunidade en España.

Patrocinios deportivos editar

Desde a tempada 2006/2007 o banco patrocina e dá nome (Liga BBVA) á Segunda División A do fútbol español. Desde a tempada 2008/2009, o banco patrocina a primeira división española, que tamén mudou o nome e pasou a chamarse Liga BBVA. O banco mantén o patrocinio da Segunda, que agora se denomina "Liga Adelante" (o eslogan do banco).

Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura editar

A Fundación BBVA convoca anualmente os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura, cuxo propósito é recoñecer e incentivar a investigación e a creación cultural, en especial aquelas contribucións de amplo impacto pola súa orixinalidade e implicacións teóricas, así como pola súa capacidade de orixinar innovacións prácticas. A denominación destes premios quere significar tanto o traballo de investigación capaz de artellar o conocemento e amplialo, desprazando cara a adiante e de maneira continua, a fronteira do coñecido, como o encontro entre áreas disciplinares.

Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura teñen periodicidade anual, con oito categorías: Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas); Biomedicina; Ecoloxía e Bioloxía da Conservación; Tecnoloxías da Información e a Comunicación; Economía, Finanzas e Xestión de Empresas; Música contemporánea; Troco climático e Cooperación ao desenvolvemento.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar