A banca ética é unha banca preocupada polos impactos sociais e ambientais dos seus investimentos e empréstitos. Está integrada por un conxunto de entidades financeiras que os seus proxectos non están condicionados exclusivamente por criterios de máximo beneficio e especulación. Adoitan ter unha estrutura interna de base cooperativa.

A banca ética é parte dun amplo movemento social que demanda maior responsabilidade social e medioambiental no sector financeiro. O movemento implica: investimentos éticos e socialmente responsábeis, responsabilidade social corporativa. Está relacionado con outros movementos como o comercio xusto ou o consumo responsábel.

Está regulada polas mesmas autoridades da banca tradicional e pola mesma regulamentación. Malia as diferenzas entre os diferentes bancos éticos, estes comparten uns principios, os principais a transparenza e os valores medioambientais dos proxectos que financian.