Banbury é unha vila situada na ribeira do río Cherwell en Oxfordshire, Inglaterra. Conta con 41 802 habitantes (2001) e forma parte do distrito de Cherwell. É o centro comercial dunha rexión rural coñecida, informalmente, como Banburyshire que ademais do distrito de Cherwell comprende zonas de Northamptonshire e Warwickshire.

Banbury Cross.

Historia editar

Hai restos romanos nos arredores, e Banbury estivo sometida durante o período anglosaxón a unha forte influencia danesa. En 1135 o bispo de Lincoln construíu o castelo sobre a vila que sobreviviu a Guerra civil cando foi sitiado.

Ligazóns externas editar

Web oficial de Banbury (en inglés)