Unha banana acuática é un barco inflábel de recreación feito xeralmente para ser remolcado. Foi inventado por Glenn Matthews a finais da década dos 80.

Banana boat, Varadero, Cuba

Os diferentes modelos desta embarcación poden acomodar entre 3 e 10 pasaxeiros sentados nun tubo grande, central, mentres descansan os seus pés en dous tubos laterais que estabilizan o barco. O tubo central xeralmente é amarelo e ten forma de banana, de aí o seu nome. Algúns modelos teñen dous tubos centrais.

Durante o paseo, o motorista do barco tenta virar a banana acuática cabeza abaixo ao facer curvas pechadas [1]. Os pasaxeiros teñen que empregar un chaleco salvavidas por razóns de seguridade.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar