Bamaco

capital de Malí

Bamaco[1][2] (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí. Localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953 600 (2004) é a cidade máis grande de Malí. Ten a categoría de distrito, estando dentro do estado ao mesmo nivel que as rexións e divídese en seis concellos. Bamaco é a capital do único distrito do país. Concentra o 70% da produción industrial total do estado.[3] As principais producións son as manufacturas, como os téxtiles, a carne, os metais e a pesca. Ademais, o sector terciario está moi estendido, sobre todo o artesanado e o comercio. É sede das grandes empresas nacionais e da Administración do estado.

Modelo:Xeografía políticaBamaco
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°38′45″N 7°59′32″O / 12.6458, -7.9922Coordenadas: 12°38′45″N 7°59′32″O / 12.6458, -7.9922
EstadoMalí
RexiónBamako Capital District (en) Traducir
Cercles (pt) TraducirBamako (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.227.569 (2023) Editar o valor em Wikidata (17.255,38 hab./km²)
Lingua usadaLíngua de Sinais de Bamako (pt) Traducir
Kita Maninka (en) Traducir
Eastern Maninkaka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie245 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Níxer Editar o valor em Wikidata
Altitude350 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ML-BKO Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Historia editar

A área onde se asenta Bamaco está habitada dende o paleolítico, segundo a tradición fundárona os xefes bambaras Seribadian Niaré e Soumba Coulibaly no século XVII, a cidade foi un importante centro comercial e de estudo islámico, posteriormente decaeu e a fins do XIX apenas tiña 800 habitantes. En 1883 os franceses ocuparon Bamaco e en 1908 convértese na capital do Sudán francés e ao obter Malí a independencia en 1960, Bamaco convértese na súa capital.

Xeografía editar

A cidade de Bamaco nunha curva do río Níxer, rodeada de montes. Esténdese por unha superficie de 267 km². Ten unha poboación de 1 690 471 habitantes (2006) e un porto fluvial importante sobre o río Níxer. É relativamente chan excepto ao norte, onde hai unha escarpa, formada por un antigo volcán.

Comunicacións editar

Unha liña de ferrocarril une Bamaco con Dakar, no Senegal, pasando por Kati, Négala, Kita e Kayes. Outra forma de comunicarse coa cidade é o propio río Níxer. Ademais, existen camiños asfaltados que comunican a capital de Malí coas principais cidades das distintas rexións do país. O proxecto da Estrada Transaheliana vai facer pasar por Bamaco a vía procedente de Dakar para logo dirixirse cara a Burkina Faso, Níxer, Nixeria e o Chad. Por vía aérea, o Aeroporto Internacional de Bamaco-Sénou conecta a cidade con múltiples destinos africanos, ademais de con París, a onde voan as compañías Aigle Azur, Air France e Air Mali.

Demografía editar

Evolución demográfica[4]
Ano Poboación
1900 10 000
1926 15 600
1936 22 000
1938 24 900
1946 70 500
1950 101 100
1954 120 000
1960 182 000
1970 387 700
1976 419 200
1987 658 300
1995 913 000
1998 1 016 300

O crecemento demográfico de Bamaco é moi acusado nos últimos anos, pasando dos 2 500 habitantes en 1884, 8 000 en 1908, a máis de 160 000 en 1960, durante a época da independencia, até chegar a unha poboación de máis de 1 600 000 habitantes actualmente. Bamaco é a sexta cidade do mundo cunha proxección de crecemento de poboación máis grande, prevista para o ano 2020.[5]

Notas editar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bamaco (Malí) 
  2. "Lingua Galega Dúbidas Lingüísticas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  3. Censo industrial realizado no 2006, comunicación do Consello de Ministros do 20 de decembro de 2006.
  4. Fonte:POPULATION STATISTICS
    Jan Lahmeyer (2002). "MALI historical demographical data of the urban centers" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  5. city mayors statistics. "The world’s fastest growing cities and urban areas from 2006 to 2020" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar