Bama, Touro

parroquia civil do concello de Touro

San Vicenzo de Bama[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2022 tiña 234 habitantes (115 homes e 119 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Bama
Romaría de San Cidre.
ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°52′45″N 8°22′26″O / 42.8792243, -8.3739906Coordenadas: 42°52′45″N 8°22′26″O / 42.8792243, -8.3739906
Área9,92 km²
Poboación234 hab. (2022)
Densidade23,59 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Etimoloxía editar

Do nome de Bama tense constancia por primeira vez no ano 912, como Vama. Derivaría do Galaico *uφamā- que significaría 'a máis baixa, o fondo' (en forma feminina).[2]. Esta explicación aludiría a menor elevación da parroquia comparada coa contorna.

Xeografía editar

A parroquia de San Vicenzo de Bama linda polo norte co concello do Pino, polo sur coa parroquia de Prevediños, polo leste con Loxo; sendo a separación entre as dúas parroquias o río Brandelos, e polo oeste co concello de Boqueixón e a parroquia de Prevediños. A parroquia ten boas comunicacións con Santiago pola A-54 e esta atravesada pola pista DP-6603 que se une a estrada AC-240 que vertebra o concello de Touro.

Economía editar

Os sectores principais desta parroquia son o primario e secundario. Exemplo disto son empresas de transformación de materias primas da parroquia e da contorna, como Queixerías Bama, que se dedica á fabricación de queixos tradicionais con denominación de orixe Arzúa-Ulloa[3][4], a fábrica de iogur Gurgur[5], ou o serradoiro na aldea da Xesteira, Maderas Bama S.L.[6]

Demografía editar

Gráfica de evolución demográfica de San Vicenzo de Bama entre 1999 e 2022
Datos segundo o nomenclátor publicado polo IGE.

Patrimonio editar

Patrimonio arqueolóxico editar

  • Castro da Roda. Castro de forma case perfectamente circular (120 metros no eixe N-S e 140 no E-W), delimitado por un parapeto en todo o perímetro cunha altura de 2,5 metros, acadando un máximo de 4 metros, salvo no sector NW no que se atopa destruído. No SE as defensas vense alteradas pola presenza dun pendello. A croa foi explanada para a construción dun campo de fútbol, agora abandonado.[7]
  • Túmulos da Zanca.

Arquitectura relixiosa editar

  • Igrexa parroquial de San Vicenzo de Bama. Ten a planta de cruz latina, realizada en granito. A fachada é de estilo neoclásico, ao igual que a torre do campanario.[8]
  • Cruceiro[9]. Este cruceiro de cruz data do ano 1707, e foi trasladado e restaurado en 1935.[10]
  • Casa Reitoral, na Igrexa; Capela de Santo Isidro.

Arquitectura civil e popular editar

  • Muíños do Trillo, dás Cabadas, de Milleiros, de Ponte Dias e do Souto. Fontes e lavadoiros tradicionais de Milleiros Grande e de Sar. Hórreos de Belvís, Silva e Sar.

Recursos naturais editar

  • Fervenza dos Trillos, Fonte Natural de Santo Isidro e a Carballeira de Santo Isidro[11].[12]

Festas editar

As festas patronais de San Vicenzo celébranse a fin de semana máis próxima ao 22 de xaneiro. Festéxase tamén San Cidre (romaría na capela do mesmo nome a fin de semana máis próxima ao 15 de maio) e o San Ramón (primeira fin de semana de setembro).

O Entroido de Bama, coñecido como As Máscaras, ten lugar o domingo de Corredor, unha semana antes do domingo de entroido. O traballo para a celebración de tan singular festa comeza polo menos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a ruada, os xenerais, a vellada, o frade... Pola mañanciña ten lugar a ruada, conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando.

A asociación A Pinguela de Bama (2017)[13] realiza actividades vencelladas á posta en valor da música e o baile tradicional galego. Levou a cabo o proxecto “Dende a cociña” que trata de recoller e divulgar o patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino[14]. Deste dáse a coñecer o termo morada que fai referencia a uns bailes que se facían en varias parroquias como Bama, Loxo, ou Lavacolla ata os anos 1960-1970. Normalmente comezaban a finais de xaneiro, cando xa medraban algo os días, e duraban ata o Entroido. Estas festas tiñan lugar os domingos pola tarde ao longo de varias semanas e nelas tocaba un grupo de gaiteiros, pagado co diñeiro que recadaban os mozos cando saían a cantar a Panxola e os Reis durante o Nadal.[15]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Bama editar

Lugares da parroquia de Bama no concello de Touro (A Coruña)

Bamela | Belvís | Campelo | Castro | Millares Grande | Sar | A Silva | Tarrío | Vilar | A Xesteira

Parroquias de Touro editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Koch, Jhon T. (2011). Tartessian 2 : The inscription of Mesas do Castelinho ro and the verbal complex preliminaries to historical phonology (en inglés). Aberystwyth. ISBN 978-1-907029-07-3. 
  3. "Fábrica de Quesos Queixerías Bama, S.L. en Touro". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07. 
  4. "Queixerías BAMA | Quen somos". Queixerías BAMA. Consultado o 2023-08-07. 
  5. D.G. (2016-01-13). "Gurgur: yogur de leche gallega 100% directo del ganadero al consumidor". Campo Galego (en castelán). Consultado o 2023-08-07. 
  6. "Maderas Bama en Touro". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07. 
  7. http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TOURO/documents/27322CA002.PDF
  8. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-08-28). "Igrexa parroquial de San Vicente de Bama". Turgalicia. Consultado o 2023-08-07. 
  9. Martín Ruíz, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. IV, pág. 2381. Deputación da Coruña. 
  10. "Cruceiros en Touro". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2023-08-07. 
  11. Plan Xeral de ordenación municipal de Touro (PDF). 2010. 
  12. "Bama". www.concellodetouro.com. Consultado o 2023-08-07. 
  13. "A ESCOLA". A Pinguela de Bama. Consultado o 2023-08-07. 
  14. Diario, Nós (2021-04-08). "Andrea Mosquera, AC A Pinguela: "Urxe recoller a tradición porque se está a dar un salto xeracional que resulta moi visíbel"". Nós Diario. Consultado o 2023-08-07. 
  15. "Volve a noite de foliada a Touro coa VI Morada de Bama | 21NOTICIAS". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-07. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar