Balsareny
Balsareny é un concello catalán da comarca de Bages. Atópase nun terreo ondulado onde salientan os bosques de piñeito branco. O termo municipal está ben comunicado pola estrada ao ser atravesado polo Eix del Llobregat e pola estrada BP-4313, que enlaza Balsareny con Súria e Avinyó.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Comarca | Bages | |||
Capital | Balsareny | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.307 (2023) (89,62 hab./km²) | |||
Número de fogares | 36 (2000) | |||
Lingua oficial | lingua catalá | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 36,9 km² | |||
Bañado por | Río Llobregat e Sèquia de Manresa (en) | |||
Altitude | 327 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Glòria Casaldàliga Riera (en) (2023–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 08660 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 08018 | |||
Código territorial IDESCAT | 080180 | |||
Páxina web | balsareny.cat |
Etimoloxía editar
A etimoloxía do topónimo Balsareny provén da xustaposición das verbas balç e areny. Tanto o castelo, orixd da poboación, como a propia vila atópanse a carón duns riscos conformados polo Llobregat en solos areosos, característicos das chairas fluviais que completan o conxunto central do termo. O primeiro documento histórico que fai referencia a esta vila data do ano 951, chamándoa Balceringia; noutro documento do mesmo ano fálase do pago Balzarenensi, e en documentos dos anos 966 e seguintes se chámaselle Balzarenne, Balciaregno, Balceren, Balciaren e outras variantes que proveñen da devandita etimoloxía.[1][2]
Demografía editar
Conta cunha poboación de 3 249 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Balsareny[3] entre 1842 e 2021 |
Notas editar
- ↑ Gran Geografia Comarcal de Catalunya. tom 2. Enciclopèdia Catalana S. A. pp. 78 a 80. ISBN 84-85194-16-0.
- ↑ Carreté, Ramon (2010). Noms de lloc, de casa i de persona de Balsareny. Barcelona: Societat d'Onomàstica - Institut Cartogràfic de Catalunya. pp. 11–68. ISBN 9788439386179.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023.