Balkan Bulgarian Airlines

Balkan Airlines (en búlgaro Балкан) foi unha compañía aérea estatal de Bulgaria que existiu entre 1947 e 2002.

Balkan Bulgarian Airlines
Балкан
IATA
LZ
OACI
LAZ
Indicativo
BALKAN
Fundación29 de xuño de 1947
Inicio das operaciónsxullo de 1947
Fin das operacións2002

Durante a década de 1970 o avión convertérase nun importante medio de transporte en Europa, pero tras a caída do comunismo na Europa do Leste, a empresa tivo inestabilidade financeira.

A pesar de reorganizar a súa administración e continuar as operacións, tras o cambio de milenio e unha controvertida privatización, declarouse en bancarrota en 2002.

Unha compañía nova, a Bulgaria Air, converteuse na aeroliña de bandeira búlgara en 2003.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar