Baldaquino de San Salvador de Meis

construción relixiosa en Meis

Coordenadas: 42°29′50″N 8°43′39″O / 42.497281324901, -8.7274307806931

Na igrexa de San Salvador de Meis (Meis) consérvanse catro pezas procedentes dun baldaquino, incrustadas no exterior do muro que circunda a igrexa, na praza anexa: tres ó redor dunha fonte e unha cuarta a uns metros á esquerda.

Baldaquino de San Salvador de Meis
Escena de Guerra
Presentación
LocalizaciónMeis
DirecciónIgrexa de San Salvador de Meis
TipoBaldaquino

Descrición editar

  • O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
  • A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.
  • O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, dous santos homes a ámbolos lados, un sosténdolle a cabeza e outro os pés, e á dereita san Xoán.
  • Escena de guerra identificada popularmente como a Batalla de Clavijo. Representa un cabaleiro a cabalo, á dereita, que se enfronta a outra figura de pé situada á esquerda. Esta peza está separada das outras tres anteriores.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar