Unha balaustia[1] é un froito sincarpo indehiscente que procede dun ovario ínfero, onde os carpelos están unidos entre si e dispostos en dous estratos. Posúen un pericarpio duro e o interior está dividido en cavidades por medio dun tecido tenue (tastana). Na súa formación intervén, ademais do ovario ínfero, o tálamo floral acopado e soldado ao ovario. As sementes (moitas, porque é polispermo) teñen a parte externa carnosa (sarcotesta).[2][3]

Milgranda ou granada, un exemplo de froito de tipo balaustia.

Un exemplo é o froito da milgrandeira (Punica granatum), chamado milgranda ou granada.[4]

Etimoloxía

Do latín balaustĭum e este do grego βαλαύστιον 'flor da milgrandeira'.[5]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balaustia.
  2. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 2. Páxina 517. ISBN 84-7680-290-0 (do tomo).
  3. TheFreeDictionary balaústa
  4. Definición de milgranda no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Definición de balaustia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sánchez Gómez, P. [et al. ]. 1996. Flora de Murcia. Claves de identificación de plantas vasculares. Editorial DM. ISBN 84-89585-20-2