Balaam (בִּלְעָם en hebreo) é un profeta xentil da Biblia. A súa historia cóntase no libro dos Números.

Rembrandt: A burra de Balaam, 1626.

Balac, rei de Moab, alarmado polas conquistas israelís, enviou a Balaam, fillo de Beor, para maldicir aos israelís que se aproximaban ao seu territorio. Deus apareceulle a Balaam en soños e prohibiulle ir onda eles. Logo dunha segunda visita dos emisarios de Balac, Deus permitiulle ir con eles. Pero cando marchaba montado nunha burra, Deus alporizouse e envioulle ao Anxo do Señor para lle impedir avanzar, a burra retrocedeu tres veces e diante o fustigamento de Balaaam, Deus abriulle a boca a burra para lle advertir ao seu dono da presenza do anxo coa espada.