O baixo alemánico é un idioma clasificado por Karl Bohnenberger no 1924 en dous subgrupos, o baixo alemánico do lago Constanza e o baixo alemánico do Rin superior. As súas variedades só son parcialmente intelixíbeis cos falantes non alemánicos.

Baixo alemánico
Niideralemannisch
Pronuncia:AFI: Niːderalɛˈman(ː)ɪʃ
Falado en: sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein e no oeste de Austria
Total de falantes: ?
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Alemán
    Alemán superior
     Alemánico
      Baixo alemánico
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gsw
ISO 639-3: ambos:
gct — Badense (coloneiro)
gsw — Baixo alemánico
Mapa
(situación arredor do 1950)
Status

Subdivisións editar

Dispersión editar

Os dialectos baixo alemánicos fálanse principalmente nas zonas ao norte da isoglosa k/ch AFI [k] e [kx] en vez do fricativo [x] en alto alemánico.

Outro xeito que pode ser usado para establecer a isoglosa (k/ch) e separar o baixo do alto alemánico é a diferenza de ii/üü AFI [iː]/[yː], por exemplo a palabra casas Hiiser/Hüüser, tamén ratos Miis/Müüs e piollos Liis/Lüüs, pero esta isoglosa ii/üü tamén chamada barreira-Sundgau-lago Constanza é unha liña problemática porque ten excepcións, por exemplo en Sundgau (alto alemánico) dise ao lume Fiir en vez de Füür, en Vorarlberg (baixo alemánico) dise Füür como en alto alemánico, isto, para que se entenda, ii é normal en baixo alemánico e üü normal en alto alemánico.

Ao norte da isoglosa atópanse en Francia, Alsacia (menos o sueste do Sundgau que pertence ao alto alemánico), en Alemaña Ortenau, Baar, a maoiría do Brisgau, o territorio posterior ao lago Constanza, Constanza, Algoia, en Austria a maior parte de Vorarlberg, e case todo Liechtenstein, en todos estes sitios chámaselle Kind ao neno ou nena agás de Chind.

En Suíza o dialecto de Basilea é unha illa baixo alemánica nun ámbito alto alemánico. Fálase tamén baixo alemánico nuns anaquiños ao nordés de Sankt Gallen e Appenzell, tamén nuns 4 concellos no cantón Grisóns, entre os que se atopa a capital (Coira).

En Venezuela fálase en Colonia Tovar (con mesturas do castelán) unha variante do dialecto de Baden de Kaiserstuhl.

Fonoloxía editar

(Todo o recollido nas táboas inferiores é específico para os dialectos falados preto de Friburgo).

Vogais:

Curtas Longas
Ortografía Pronuncia Ortografía Pronuncia
a [a] aa [aː]
ä [æ] ää [æː]
è [ɛ] èè [ɛː]
e [e, ə] ee [eː]
i [ɪ] ii [iː]
o [o] oo [oː]
ù [ʊ] ùù [ʊː]
u [y] uu [yː]
y [i, y] yy [uː]

Consoantes: Son como as do alemán estándar agás polas seguintes aclaracións:

  • kh é aspirado e pronúnciase [kʰ]
  • ng é velar nasal e pronúnciase [ŋ]
  • ngg é velar nasal seguido dun son velar implosivo e pronúnciase [ŋɡ]
  • ph é aspirado e pronúnciase [pʰ]
  • th é aspirado e pronúnciase [tʰ]
  • z representa o son [dz], en oposición do estándar alemán que é [ts]

Aspectos gramaticais editar

Pronomes editar

Pronomes persoais

Galego Alemán estándar Baixo alemánico - Nominativo Baixo alemánico - Dativo Baixo alemánico - Acusativo
eu ich ich, ii, i miir, mir, mer mii, mi
ti du duu, du, de diir, dir, der dii, di
el er äär, är, er iim, im, em iin, in, en, e
ela sie sii, si iire, ire, ere sii, si
pronome neutro
de 3ª persoa singular
es ääs, äs, es, s iim, im, em ääs, äs, es, s
nós wir miir, mir, mer ùns, is ùns, is
vós ihr iir, ir, er èich, ich èich, ich
eles/elas sie sii, si iine, ine, ene sii, si

Artigos editar

Artigo determinado

Caso Masculino Feminino Neutro
Nom/Acu Sg der Man d Frau s Kind
Dat Sg im Man (in) der Frau im Kind
Nom/Acu Pl d Mane d Fraue d Kinder
Dat Pl (in) der Mane (in) der Fraue (in) der Kinder

Artigo indeterminado

Caso Masculino Feminino Neutro
Nom/Acc Sg e Man e Frau e Kind
Dat Sg im e Man in ere Frau im e Kind

Números editar

Cardinal Ordinal Multiplicativo I Multiplicativo II
1 ais èèrschd aifach aimool
2 zwai zwaid zwaifach zwaimool
3 drèi drid drèifach drèimool
4 vier vierd vierfach viermool
5 fimf fimfd fimffach fimfmool
6 segs segsd segsfach segsmool
7 siibe sibd siibefach siibemool
8 aachd aachd aachdfach aachdmool
9 nyyn nyynd nyynfach nyynmool
10 zee zeend zeefach zeemool
11 elf elfd elffach elfmool
12 zwelf zwelfd zwelffach zwelfmool
13 dryzee dryzeend dryzeefach dryzeemool
14 vierzee vierzeend vierzeefach vierzeemool
15 fùfzee fùfzeend fùfzeefach fùfzeemool
16 sächzee sächzeend sächzeefach sächzeemool
17 sibzee sibzeend sibzeefach sibzeemool
18 aachdzee aachdzeend aachdzeefach aachdzeemool
19 nyynzee nyynzeend nyynzeefach nyynzeemool
20 zwanzg zwanzigschd zwanzgfach zwanzgmool
21 ainezwanzg ainezwanzigschd ainezwanzgfach ainezwanzgmool

Notas editar

  1. Noble, Cecil A. M. (1983). Modern German dialects New York [u.a.], Lang, p. 67/68

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar