Babidi (バビディ?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball. Aínda que a súa raza é descoñecida, sábese que é fillo do mago Bibidi, quen foi o fundador da familia Makai. O seu símbolo é a "M" que levan ambos no cinto dos seus traxes ó igual que a fronte daqueles que son controlados pola súa maxia.

O seu nome provén dun xogo de palabras entre os nomes "Bibidi Babidi Boo", xa que son parte da letra da canción de Cinsenta, un clásico de Disney.

Este mago chegou á Terra coa intención de sacar a Majin Boo da esfera na que o seu creador, Bibidi, o tiña pechado, para poder dominar o Universo. Babidi ten a capacidade de influír nas mentes de todo aquel que teña un mínimo de maldade. Ó dominalos e pasalos a estado Majin, sae o poder oculto dos seus novos escravos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar