O Babel Fish foi un servizo de traducións automáticas ofrecido polos motores de procura Altavista e Yahoo!.

Historia e características editar

O seu nome está inspirado no Peixe de Babel. Pode traducir calquera texto ou sitio a outras linguas. Era un dos tradutores en liña de Internet máis utilizados e o seu uso era gratuíto e estaba dispoñible nas linguas máis utilizadas. O seu rival máis directo era o tradutor de Google, chamado Google Translate. Así como Google Translate, o Babel Fish podía traducir páxinas web en tempo real conforme o usuario ía navegando. Nos últimos tempos, o Babel Fish era xestionado baixo a plataforma de Yahoo, porque o servizo foi absorbido despois da compra por parte deste último á empresa Overture Services Inc propietaria do sitio Altavista, que fora o creador do tradutor e cuxa plataforma baixo a que funcionaba ata 2006.

Como ocorre con todos os tradutores automáticos non sempre se conseguía unha boa tradución con este sistema. A tecnoloxía detrás de Babelfish foi desenvolvida pola Systran, que tamén creou un paquete de software comercial co mesmo nome.