Mildred Ella Didriksen "Babe" Zaharias, nada en Port Arthur (Texas) o 26 de xuño de 1911 e finada en Galveston (Texas) o 27 de setembro de 1956, foi unha deportista estadounidense, considerada unha das atletas máis polivalentes da historia. Destacou en disciplinas deportivas como o golf, o baloncesto, o béisbol ou o atletismo. De nova xogou no equipo masculino de béisbol dos Brooklyn Dodgers, onde recibiu o alcume de "Babe".

Infotaula de personaBabe Zaharias

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Babe Didrikson Zaharias Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mildred Ella Didrikson Editar o valor em Wikidata
26 de xuño de 1911 Editar o valor em Wikidata
Port Arthur, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Galveston, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park (en) Traducir
Beaumont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBeaumont High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , beisbolista , nadadora , saltadora , tenista , autobiógrafa , golfista , lanzadora de xavelina , saltadora de altura Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportegolf
natación
atletismo
Salto ornamental Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de xavelina
Salto de altura Editar o valor em Wikidata
Participou en
1932Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1932 - 80 m com barreiras feminino (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
1932Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1932 - Lançamento de dardo feminino (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
1932Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1932 - Salto em altura feminino (pt) Traducir (2ª) (medalla de prata olímpica)
1932Xogos Olímpicos de 1932  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge Zaharias (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14558824 Olympic.org: mildred-didrikson WikiTree: Didriksen-48 Find a Grave: 1139 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 21 anos, participou nos Xogos Olímpicos de 1932 nos Ánxeles, e aínda que Mildred pretendeu participar en cinco disciplinas de atletismo, seguindo os regramentos, só puido tomar parte en tres, polo que finalmente competiu en lanzamento de xavelina, 80 metros valla e salto de altura. Nas tres categorías conseguiu medalla: foi ouro nas categorías de xavelina e 80 metros valla (nesta categoría ademais bateu o récord mundial) e prata nunha controvertida final de salto de altura, xa que obtivo a mesma marca que a súa compañeira Jean Shiley, mais os xuíces decidiron outorgarlle a medalla de ouro a Shiley, relegando a Didriksen a subcampioa.

Buscando novos desafíos, en 1935 atopou o golf. Pouco despois puido medirse cos mellores golfistas do país. En 1938 competiu no Aberto dos Ánxeles, un torneo masculino de golf, sendo o seu adestrador George Zaharias, un coñecido loitador profesional e promotor deportivo, co que Didriksen casaría en decembro dese mesmo ano; e converteuse en, até o momento, a única muller que superou o corte nun torneo de golf profesional no que competisen homes. En 1942 conseguiu o status de xogadora afeccionada e alcanzou o rango de profesional en 1947. Como profesional gañou tres veces o Aberto dos Estados Unidos feminino e foi a primeira golfista estadounidense que venceu no campionato británico de afeccionados na localidade escocesa de Gullane. Zaharias foi inscrita en 1951 no Salón da Fama do Golf Mundial. En 1956 gañou por última vez o Aberto dos Estados Unidos e pouco despois faleceu de cancro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar